QUERIDOS REIS MAGOS

Queridos Reis Magos:

Este ano non é como os demais; vendo todo o que pasa ao meu redor non me dá por pensar en bens materiais... Si que vos vou pedir algo, pero non calquera cousa, senón "cousas" para alegrar un pouquiño o corazón, facer cambiar ás persoas, darlles felicidade aos que non teñen, poñernos un pouquiño na situación dos demais; non todos podemos ter, nin nos poden dar nin a cuarta parte do que nós temos... Se vemos como tratamos á nosa familia polo feito de que non te poden comprar un móbil, un ordenador, un televisor novo.... E por outra banda observamos como se comporta un neno que non ten nada, cando os seus pais lle dan un simple bico; pero non un bico calquera, un deses que che fan recordar que non che fai falta nada, que tes o máis importante. Sabedes o que penso? Que eses nenos teñen sorte, máis do que podemos imaxinar; incluso en moitas situacións máis ca nós. Eles valoran o máis mínimo, un simple sorriso, caricia, ou o que vos dixen antes, un simple bico deses... Nós somos todo o contrario, iso non nos chega a nada...
Pídovos que empecemos a valorar cada detalle coma o máis grande que pode haber na vida, deixar a un lado os caprichos e valorar o que realmente importa, porque eses nenos aos que algúns rexeitan, teñen algo que nós non temos: unha familia que está aí , para o bo e o malo, alguén que te escoite e guíe, alguén que o faga todo perfecto por moi malos termpos que esteamos a pasar. 
Todas esas cousas moitos non os temos, ou si; pero pasamos deles, porque preferimos o material.... 
Gustaríame que aprenderamos a valorar o máis mínimo, o máis sinxelo; revalorizar cada detalle, AMAR o mellor que nos regalou Deus na nosa vida... e iso é, sen dúbida, a FAMILIA.
Grazas.

Isabel Sequeiros   4º ESO


No hay comentarios:

Publicar un comentario