...TRAS A MÁSCARA

Non te poñas máscaras que oculten o que realmente es.
Non te escondas de ninguén nin de nada, pois o que ti es é grande aos ollos de Deus.
Non finxas afectos falsos que te despersonalizan e empequenecen, pois non necesitas comprar nin vender amor, pois ti es amor.
Non mires tras a máscara de algo que non es, o teu valor é inmenso.
Que o anonimato dun rostro camuflado non che dea forza para facer o que non farías co rostro descuberto.
Podes enganar aos outros pero nunca poderás enganarte a ti mesmo e... tras esa máscara, un grande ser humano espera poder mostrarse tal cal é, cos seus acertos e erros.
A máscara non es ti, ti non es a máscara, ti es... o que está detrás dela. Descúbrete! 

... E nesta Coresma, que en verdade deixemos atrás as nosas máscaras!!! 

.... E, por certo, falando de máscaras, podedes visualizar as fotos do ENTROIDO do cole no blog do Equipo de Normalización: 
www.inmaculadamarin-endl.blogspot.com

FOTOS DO DÍA DA PAZ 2012

Podedes visualizar as fotos do Día da Non Violencia e a Paz 2012 na páxina de FOTOS E FESTAS ou premendo no seguinte enlace:
FOTOS DÍA DA PAZ 2012


ALGO AÍNDA PODE CAMBIAR

Os seres humanos somos capaces de cousas incribles. Podemos conseguir entre todos grandes proxectos. Estamos aínda a tempo de construír algo novo. Cando o meu soño é compartido, cando os meus soños e ilusións sexan de todos, daquela seremos quen de dar forma aos nosos proxectos, seremos quen de construír o Reino de Deus.