TEATRO: BANG, BANG, ESTÁS MORTO

Onte, 22 de Xuño, o grupo de JMV dirixido por Carolina presentou a obra "Bang Bang ,estás morto" de William Mastrosimone.

A obra pretende facer eco das causas e os resultados da violencia escolar entre alumnos,que adoita ser ignorada ata que é demasiado tarde.

Bang bang estas morto explora a violencia nas escolas secundarias. Focalízase nos efectos desvastadores que acontecen cando os adolescentes se burlan, insultan, maltratan e agriden os seus compañeiros.

Unha obra importante en tempos difíciles, formula as causas e resultados da violencia escolar que é ignorada ata ser potencialmente demasiado tarde.
Que sucede na vida e a mente dun adolescente que finalmente toma a decisión de rematar coas vidas dos seus compañeiros e profesores? Que o leva ao punto en que esa é a única solución que encontran? Que lles pasa aos que son tocados pola violencia? Existe algún xeito de detela antes de que sexa demasiado tarde?

A obra non fai acusacións, non encobre, nin ofrece respostas doadas a este terrible problema. Propón meditar sobre o tema. Invita a conversar. Axúdanos a tomar conciencia desta situación que solapadamente convive connosco.

Bang Bang é unha viaxe a través da mente de Diego, un adolescente de 16 anos que loita cos espíritos dos seis compañeiros que matou ese mesmo día na escola. Estes espíritos confróntano na cela onde está encarcerado e rastrexan as circunstancias que o levaron a cometer semellante atrocidade.


A obra fai referencia á posible influencia da cultura, os medios e a incapacidade dos mozos de adaptarse ao mundo que os rodea. Fálanos da nosa obriga de ser mellores persoas e da importancia de recoñecer e responder aos que necesitan axuda.

GRADUACIÓN INFANTIL 2011

¡¡¡ADEUS, INFANTIL!!!

Parece que foi onte cando empezastes en Infantil 3 anos; viñades asustados e chorando, algúns vomitando (durante moito tiempo)… Nós os pais tamén o pasamos mal, pois deixar aos nosos pequenos chorando no colexio, non nos gustaba. Pasados uns días xa estabades preparados para afrontar a nova situación (algúns mellor ca outros). Dende entón e ata aquí, transcorreron xa tres anos importantes na vosa vida. Fixéstesvos "maiores".


Pasastes de ser case bebés a nenos preparados para ir a Primaria. Recibistes nestes anos os coñecementos, educación humana e cristiá e valores apropiados á vosa idade: aprendestes normas; descubristes a María, a Virxe e coñecestes ao seu fillo Xesús; aprendestes a escribir as vosas primeiras palabras e tamén a ler... E agora, despois destes anos, chegou o momento de deixar este curruncho de colexio para pasar ao lado dos maiores.

En todo este tempo destes moita guerra na casa e no colexio: adoptabades calquera postura, menos a de estar sentados e quietos, algún que outro “rojo” nas notas, algún mal comportamento; e na casa, pelexas cos irmáns. Os pais queremos o mellor para vós, intentamos que vos formedes para poder voar sós, sen problemas ou cos menos posibles.

Neste día, e creo que falo en nome de todos, quero agradecer o esforzo, traballo e constancia que tiveron todas as profesoras e Fillas da Caridade convosco, os nosos fillos. Grazas de corazón: Leti, Yas, Chus e Sor Dolores. E grazas tamén ás profes que estivestes aí a apoialos noutros campos cada día, teacher Nati, Chelo, Diana. Mesmo a tantas profes que estiveron na retagarda, para calquera necesidade, curando as vosas feridas no patio ou consolándovos cando vos vían tristes. 

A todos vós, nenos, desexarvos que sigades crecendo felices e que nos volvamos ver xuntos en 4º de ESO, convertidos xa en grandes "personiñas".

Nunca esquezades que pais e profes sempre estamos aí; sobre todo nos momentos difíciles, podedes contar connosco.ÁNIMO E SORTE nesta nova etapa. 

Un curso máis, os nosos pequenos pasan a Primaria. Botarémosvos de menos!!!!




PENTECOSTE


Hoxe facemos presente que, como hai 2000 anos os discípulos de Xesús, volvemos recibir o don e a graza do Espírito Santo. Cada un segundo as súas disposicións.
Todas as prácticas coresmais, culminan para nós en Pentecoste, que é cando recibimos o Espírito Santo.
Sabemos que Deus Pai é o creador do mundo, Deus Fillo é o redentor, o salvador e Deus Espíritu Santo é o que nos santifica a nós, o que actúa en nós, o que nos move, o que nos empurra, para que sigamos os pasos de Xesús. o Espírito Santo é o que nos move, condúcenos por este camiño.
A terceira persoa da Santa Trindade témola un pouco esquecida, pouco presente na nosa vida. Fainos falta redescubrir o papel do Espírito Santo.
Ser cristiáns é un don que recibimos, unha graza. Fainos falta cultivar a actitude de esperar do Espírito Santo todo aquilo que nos custa: xa sexa rezar, ou perdoar ou darnos aos demais.
O Espírito Santo quere transformar as nosas vidas, como fixo cos seus discípulos, e a nós tócanos esperalo e aceptalo.

OFRENDA FLORAL 2011

Durante todo o mes de maio, no tradicionalmente considerado mes de María, os alumnos de Infantil e Primaria,  celebraron a súa ofrenda floral á Virxe, cunha sinxela celebración na que recordaban o significado do nome de María. Ofrecéronlle flores que representan as nosas vidas, os nosos esforzos cotiás, as nosas ilusións e as nosas oracións depositadas aos seus pés.
INFANTIL-1º CICLO PRIMARIA

2ºCICLO PRIMARIA
3º CICLO PRIMARIA