TEATRO: BANG, BANG, ESTÁS MORTO

Onte, 22 de Xuño, o grupo de JMV dirixido por Carolina presentou a obra "Bang Bang ,estás morto" de William Mastrosimone.

A obra pretende facer eco das causas e os resultados da violencia escolar entre alumnos,que adoita ser ignorada ata que é demasiado tarde.

Bang bang estas morto explora a violencia nas escolas secundarias. Focalízase nos efectos desvastadores que acontecen cando os adolescentes se burlan, insultan, maltratan e agriden os seus compañeiros.

Unha obra importante en tempos difíciles, formula as causas e resultados da violencia escolar que é ignorada ata ser potencialmente demasiado tarde.
Que sucede na vida e a mente dun adolescente que finalmente toma a decisión de rematar coas vidas dos seus compañeiros e profesores? Que o leva ao punto en que esa é a única solución que encontran? Que lles pasa aos que son tocados pola violencia? Existe algún xeito de detela antes de que sexa demasiado tarde?

A obra non fai acusacións, non encobre, nin ofrece respostas doadas a este terrible problema. Propón meditar sobre o tema. Invita a conversar. Axúdanos a tomar conciencia desta situación que solapadamente convive connosco.

Bang Bang é unha viaxe a través da mente de Diego, un adolescente de 16 anos que loita cos espíritos dos seis compañeiros que matou ese mesmo día na escola. Estes espíritos confróntano na cela onde está encarcerado e rastrexan as circunstancias que o levaron a cometer semellante atrocidade.


A obra fai referencia á posible influencia da cultura, os medios e a incapacidade dos mozos de adaptarse ao mundo que os rodea. Fálanos da nosa obriga de ser mellores persoas e da importancia de recoñecer e responder aos que necesitan axuda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario