GRADUACIÓN INFANTIL 2011

¡¡¡ADEUS, INFANTIL!!!

Parece que foi onte cando empezastes en Infantil 3 anos; viñades asustados e chorando, algúns vomitando (durante moito tiempo)… Nós os pais tamén o pasamos mal, pois deixar aos nosos pequenos chorando no colexio, non nos gustaba. Pasados uns días xa estabades preparados para afrontar a nova situación (algúns mellor ca outros). Dende entón e ata aquí, transcorreron xa tres anos importantes na vosa vida. Fixéstesvos "maiores".


Pasastes de ser case bebés a nenos preparados para ir a Primaria. Recibistes nestes anos os coñecementos, educación humana e cristiá e valores apropiados á vosa idade: aprendestes normas; descubristes a María, a Virxe e coñecestes ao seu fillo Xesús; aprendestes a escribir as vosas primeiras palabras e tamén a ler... E agora, despois destes anos, chegou o momento de deixar este curruncho de colexio para pasar ao lado dos maiores.

En todo este tempo destes moita guerra na casa e no colexio: adoptabades calquera postura, menos a de estar sentados e quietos, algún que outro “rojo” nas notas, algún mal comportamento; e na casa, pelexas cos irmáns. Os pais queremos o mellor para vós, intentamos que vos formedes para poder voar sós, sen problemas ou cos menos posibles.

Neste día, e creo que falo en nome de todos, quero agradecer o esforzo, traballo e constancia que tiveron todas as profesoras e Fillas da Caridade convosco, os nosos fillos. Grazas de corazón: Leti, Yas, Chus e Sor Dolores. E grazas tamén ás profes que estivestes aí a apoialos noutros campos cada día, teacher Nati, Chelo, Diana. Mesmo a tantas profes que estiveron na retagarda, para calquera necesidade, curando as vosas feridas no patio ou consolándovos cando vos vían tristes. 

A todos vós, nenos, desexarvos que sigades crecendo felices e que nos volvamos ver xuntos en 4º de ESO, convertidos xa en grandes "personiñas".

Nunca esquezades que pais e profes sempre estamos aí; sobre todo nos momentos difíciles, podedes contar connosco.ÁNIMO E SORTE nesta nova etapa. 

Un curso máis, os nosos pequenos pasan a Primaria. Botarémosvos de menos!!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario