CONVIVENCIA JMV - GALICIA 5 NOVEMBRO

Xa temos ás portas a convivencia de Infantís e Xuvenís de JMV de Galicia. Será o vindeiro 5 de Novembro en San Narciso...
NON FALTEDES A ESTA  CITA!!!!
E para facer boca... escoitade esta canción: BASTA XA!!! CAMBIEMOS O MUNDO!!!!
"BASTA YA, BASTA DE MIEDOS INÚTILES, GRITEMOS LA GRAN VERDAD PORQUE CRISTO NOS DA SU FUERZA PARA CAMBIAR LA HUMANIDAD"

TRABALLAMOS O DOMUND 2011.... ¿COMPROMETÉMONOS?



 "Coma o Pai me enviou, así tamén vos envío eu" (Xn 20,21)

O mes de Outubro, xunto ao comezo do curso, tráenos o recordo da misión como elemento esencial do cristianismo. Outubro é un mes misioneiro, sobre todo, porque nel celebramos o Domund, a xornada mundial da misións.


Co gallo da celebración do Domingo Mundial polas Misións o día 23 de outubro, durante esta semana traballamos no colexio, nas distintas etapas educativas, a campaña do DOMUND.
Os alumnos de Infantil e 1º ciclo de Primaria fixeron a súa reflexión a partir do conto "Ovelliña, dáme la". Tamén anomaron aos pais a participar na campaña traballando cos nenos na casa a través de imaxes que despois trouxeron ao cole.
Os alumnos de 2º ciclo de Primaria e ESO tivemos a sorte de contar cun misioneiro cheo de vitalidade e optimismo, que deu testemuño do seu labor, D. Gabriel Vecino Tomás - Delegado Diocesano de Santiago de Compostela das Obras Misionais Pontificias, quen desde a ilusión e alegría de compartir a misión, ofreceunos as claves para converternos en verdadeiros misioneiros.
Agora falta o seguinte: comprometernos na Misión de sermos misioneiros e anunciar a Xesús. 

Rosario Misioneiro que realizaron os membros de JMV





16 OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

COMPARTINDO ... PODEMOS COMBATER A FAME
Dende a infancia compartir é algo natural. Ese xesto pode salvar hoxe a vida de milleiros de nenos que non reciben alimentos para sobrevivir.

A finalidade do Día Mundial da Alimentación, proclamado en 1979 pola Conferencia da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), é a de concienciar ás poboacións sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. O Día coincide coa data de fundación da FAO en 1945. En 1980, a Asemblea Xeral avalou a observancia do Día por considerar que "a alimentación é un requisito para a supervivencia e o benestar da humanidade e unha necesidade humana fundamental"

JMV. CONVIVENCIA CONVOCATORIA

 
Se pertences a JMV ou tes interese por coñecer a nosa asociación e estás en 3º ESO, 4º ESO ou 1º BACHARELATO... XA O SABES, ESTÁS INVITAD@ AO ENCONTRO DE CONVOCATORIA que terá lugar os vindeiros 21, 22 e 23 de octubre, en La Mata de Curueño (León)

Será o Padre José Luis Castillo quen o anime, como en anos anteriores; esperamos disfrutar todos e unir lazos de amizade. O lema da convivencia será o mesmo que JMV ten para este curso: “Berremos a gran Verdade”. E este ano, como novidade, non terás que levar comida.... só ilusión e  ganas de convivir con outros mozos e mozas da provincia de Xixón e de descubrir a gran verdade que se nos ofrece.

DOMUND 2011 .... SOMOS ENVIADOS



DOMUND: Obra Pontificia da Propagación da Fe
Que é o DOMUND?
O DOmingo MUNDial das Misións é o día en que toda a Igrexa universal reza e colabora  
economicamente a favor da actividade evanxelizadora dos misioneiros e misioneiras.

Por que o DOMUND?
Os chamados "territorios de misión" non dispoñen de persoas nin de recursos económicos para o seu labor evanxelizador. Mediante o DOMUND, a Igrexa trata de cubrir estas carencias e axudar aos máis desfavorecidos a través dos misioneiros.

Chega aos misioneiros todo o diñeiro?
O donativo que cada fiel entrega para as misións é recollido na Dirección Nacional de OMP é enviado aos territorios de misión. Só se permite utilizar un máximo do 10% para a administración destes bens e para a animación misioneira das comunidades cristiás.

Como podemos colaborar?
Ademais do donativo con motivo da Xornada do DOMUND, podemos domiciliar as nosas aportacións
periódicas, utilizar a tarxeta VISA-DOMUND ou realizar transferencias por Internet (www.domund.org).

JMV. CONVIVENCIA INICIO CURSO

Co lema deste novo curso 2011-2012, "¡¡¡GRITEMOS LA GRAN VERDAD!!!, iniciamos a nosa andadura, un ano máis, cunha convivencia que compartimos JMV de Marín (Inmaculada e San Narciso). 
A nosa asociación non quere ser unha actividade extraescolar máis dentro do plan de colexio; queremos facer da nosa asociación JMV, unha parte esencial para o desenvolvemento completo da persoa.
- JMV é FORMACION xunto co grupo e coa orientación do catequista. 
- JMV é ENCONTRO coa que establecer uns grandes de lazos de AMIZADE.
- JMV é un espazo onde compartir a FE e a oración
- JMV é OCIO Y DIVERSIÓN, terás moitas oportunidades para gozar e divertirse cos amigos.
- JMV é MISION, VOLUNTARIADO e SERVIZO ao estilo de Vicente de Paúl e de Luisa de Marillac: non permanecemos indiferentes ante as inxustizas deste mundo.
Comezamos a convivencia cunha oración na que presentamos ante Xesús as nosas ganas de seguir o seu camiño; presentamos tamén o lema deste curso e o que sería o traballo da mañá: 4º e 5º tratarían de descubrir por que e para que formamos parte de JMV, que significa para cada un de nós e a que nos compromete. 6º de Primaria e toda a ESO traballarían por grupos as notas distintivas da nosa asociación: misioneira, laical, mariana, eclesial e vicenciana. E todo dunha maneira moi plástica e amena. 

Ao finalizar, puxemos en común, por grupos, todo o traballado. E finalizamos a mañá con danzas e bailes. Despois do merecido xantar continuou o tempo de lecer con xogos divertidos.
Finalizamos a xornada de convivencia reunidos no salón de actos para facer repaso dos momentos vividos en JMV o pasado de curso e cunha reflexión final como acción de grazas polo estupendo día disfrutado.
.... E aquí seguiremos, berrando a gran verdade!!!! Disfrutade dun bo curso. Ánimo!!!!


JMV

JMV CONVI CENTRO INICIO (97)JMV CONVI CENTRO INICIO (98)JMV CONVI CENTRO INICIO (1)JMV CONVI CENTRO INICIO (2)JMV CONVI CENTRO INICIO (3)JMV CONVI CENTRO INICIO (4)
JMV CONVI CENTRO INICIO (5)JMV CONVI CENTRO INICIO (6)JMV CONVI CENTRO INICIO (7)JMV CONVI CENTRO INICIO (8)JMV CONVI CENTRO INICIO (9)JMV CONVI CENTRO INICIO (10)
JMV CONVI CENTRO INICIO (11)JMV CONVI CENTRO INICIO (12)JMV CONVI CENTRO INICIO (13)JMV CONVI CENTRO INICIO (14)JMV CONVI CENTRO INICIO (15)JMV CONVI CENTRO INICIO (16)
JMV CONVI CENTRO INICIO (17)JMV CONVI CENTRO INICIO (18)JMV CONVI CENTRO INICIO (19)JMV CONVI CENTRO INICIO (20)JMV CONVI CENTRO INICIO (21)JMV CONVI CENTRO INICIO (22)

JMV, un álbum en Flickr.

CONVIVENCIA INICIO CURSO 2011-12

JMV ... COMEZAMOS UN NOVO CURSO!!!!

Como vos atopadades este ano? Esperamos que con moita alegría e ilusión... O verán pasou, descansamos, divertímonos, coñecemos xente nova, algúns participastes en campamentos, outros nas JMJ en Madrid e aínda o estamos a recordar...
Pero de novo estamos aquí a comezar un novo curso con forzas renovadas para facer un montón de cousas, coñecer máis sobre Xesús, facer novos amigos, ter encontros con rapaces doutros lugares... E niso estamos xa a traballar, preparando as vindeiras convivencias (temos xa á vista a de Primaria-1º Ciclo ESO – Galicia (en San Narciso); a de Convocatoria (3º, 4º ESO , 1º Bach. en León...)  
E para comezar, o sábado 8 de outubro ás 11 h. no colexio, inauguraremos o curso de JMV, cunha celebración, xogos, danzas .... (rematará sobre as 17 h) 
      Esperamos contar convosco o día 8... E durante todos os mércores ás 15.30h!!! Animádevos!!!!  
Vídeo de presentación de JMV preparado con moito cariño por Diana