FELIZ DÍA DA MILAGROSA




FELIZ DÍA 
DA 
VIRXE MILAGROSA
E DE 
SANTA CATALINA
LABOURÉ

PREGÓN FESTA DA MILAGROSA


Queridos profesores e alumnos do Colexio La Inmaculada!!! 
Querida Comunidade Educativa!!!!
O vinte e sete de Novembro está xa moi próximo, e o noso centro vístese de festa.

Nestes días recordamos como Catalina Labouré, unha sinxela Filla da Caridade, tivo a graza de vivir experiencias de encontro con María. Ela transmitiulle unha mensaxe de amor. Tamén quixo deixarnos un signo, unha sinxela medalla que é un convite de amor e confianza en Deus.

Para celebrar este acontecemento tivemos que traballar todos e imos contar cuns días de alegría e agradecemento nos que preparamos un programa de variadas actividades:

- As celebracións Marianas, orientadas a resaltar a figura da Virxe Milagrosa (Oración da mañá, celebración da Medalla e Eucaristía, sacramento da Penitencia...)
- Actividades lúdicas, nas que manifestaremos a nosa creatividade e imaxinación (Participaremos en xogos sobre a Milagrosa e Santa Catalina, faremos debuxos e contos, veremos vídeos,...)
Todo isto vívese con máis alegría cando hai compañeirismo, ilusión e ganas de facer. Pero non hai que esquecer que son unhas festas que teñen un obxectivo primordial: manifestar a nosa Fe e devoción á Virxe.
Ánimo rapaces! Contamos convosco para vestir de cor a nosa festa e para poñer no centro dela á nosa  querida Virxe Milagrosa!




CONVIVENCIA INFANTÍS E XUVENÍS JMV 2012

O vindeiro sábado 1 de decembro, dende as 10 da mañá ata as 17.00 horas, teremos a oportunidade de disfrutar dun estupendo día de convivencia de JMV (Juventudes Marianas Vicencianas) no Colexio San Narciso, xunto con outros rapaces de toda Galicia; virán de Ribadeo, Ourense, Santiago, Oleiros, Illa de Arousa, Vigo, Bueu, ... e xuntos realizaremos o camiño na busca da VIDA acompañados dos personaxes de Mago de Oz... Xa vos contaremos a nosa aventura. 
Todos os de Primaria e ESO estades invitados.... Animádevos a participar!!!!






20 NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O 20 de novembro celébrase en todo o mundo o Día Universal da Infancia.

Días como o 20 de novembro serven para recordar que os dereitos da infancia están ratificados pero non garantidos.
Desgraciadamente séguense violando diariamente os dereitos de millóns de nenos e nenas en todos os países do mundo, e son moitos os retos que quedan hoxe en día e que se reflicten nestas cifras:

- 1 de cada 4 nenos e nenas vive en condicións de extrema pobreza, en familias con ingresos menores a 1 euro diario.
- 1 de cada 12 nenos e nenas morre antes de cumprir os 5 anos.
- Máis de 120 millóns de nenas e nenos en idade escolar non asisten á escola, na súa maioría nenas.
- Cada minuto, un/a neno/a morre por unha enfermidade vinculada á SIDA. Actualmente hai 15 millóns de nenos e nenas que perderon os seus proxenitores a causa da SIDA.
- 300.000 nenos e nenas están a servir a gobernos ou forzas rebeldes como soldados.
- Máis de 1,8 millóns de nenos e, sobre todo, nenas están sometidos á explotación sexual.


NOVENA DA MEDALLA MILAGROSA 2012


Como cada ano, a Asociación da Medalla Milagrosa organiza con gran ilusión, a Novena na honra da Virxe na advocación da Medalla Milagrosa.

Ao longo destes días contemplaremos a presenza e cercanía da Virxe con todos os que peregrinamos ao encontro do Mesías nestes días previos ao tempo de Advento. 

Con María, moza de Nazaret, firme na fe, comprometida no amor, signo de esperanza, viviremos estes nove días ao encontro de Cristo, Salvador do mundo. 

Animádevos a asistir á novena que, como cada ano, terá lugar no Templo Novo ás 19.00 h

DÁLLES VIDA AOS TEUS XOGUETES

 CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES 2012


A Fundación Andrea de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, é unha organización sen ánimo de lucro que ten como finalidade básica a atención e o apoio económico, moral, informativo ou de calquera outra natureza, ás familias que, contando con escasos recursos económicos, haxan de coidar os seus fillos nas enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, que estes poidan padecer.

A Fundación facilita solucións e axudas áxiles ante situacións de carencias inmediatas, entre outras: apoio psicolóxico a pais e a nenos; sesións de fisioterapia, logopedia ou musicoterapia; dulcificación de espazos pediátricos hospitalarios; adecuación de vivendas ás necesidades dos nenos enfermos; dotación de material ortopédico ou tecnolóxico; colaboración con escolas hospitalarias e unidades de atención temperá; bolsas para manutención, medicación ou para desprazamentos a outros hospitais fóra de Galicia; ou mantemento de dúas vivendas en Santiago de Compostela, denominadas "As Casiñas" postas a disposición das familias de nenos desprazados dende outras cidades de Galicia, para ingresos de longa estanza hospitalaria.
 
Neste momento, de cara á campaña de Nadal, a Fundación está a recoller xoguetes para levar aos nenos hospitalizados en todo ámbito xeográfico galego: Santiago, Pontevedra, Salnés… Cómpre que todos colaboremos para que poidan continuar realizando un labor tan importante. Por iso, estes días recolleremos xoguetes  (en bo estado) no noso colegio.

OS XOGUETES QUE TI NON USAS SON NECESARIOS PARA ALGÚN NEN@ QUE QUERE XOGAR CON ELES. DÁLLES VIDA.
GRAZAS POR COLABORAR.

Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na guerra e os conflitos armados

O 5 de novembro de 2001, a Asemblea Xeral declarou o Día Internacional para a prevención da explotación do medio na guerra e os conflitos armados, o cal se celebra o 6 de novembro de cada ano (resolución 56/4 ).



Aínda que a humanidade sempre contou as súas vítimas de guerra en termos de soldados e civís mortos e feridos, cidades e medios de vida destruídos, con frecuencia o medio foi a vítima esquecida. Os pozos de auga foron contaminados, os cultivos queimados, os bosques tallados, os chans envelenados e os animais sacrificados para obter unha vantaxe militar.

Ademais, o Programa das Nacións Unidas para o Medio (PNUMA) sinala que nos últimos 60 anos polo menos o 40% dos conflitos internos tiveron algunha relación coa explotación dos recursos naturais, tanto por ser considerados de «moito valor», como madeira, diamantes, ouro, minerais ou petróleo, coma por ser escasos, por exemplo, a terra fértil e a auga. Cando se trata de conflitos relativos aos recursos naturais duplícase o risco de recaer no conflito.

As Nacións Unidas concede grande importancia a garantir que a actuación sobre o medio é parte da prevención de conflitos, do mantemento da paz e das estratexias de consolidación da paz, porque non pode haber paz duradeira se os recursos naturais que sosteñen os medios de subsistencia e os ecosistemas 
son destruídos.





VER O QUE OS OUTROS NON VEN

Ve o que os demais non ven. O que los demais deciden non ver, por temor, conformismo ou mesmo preguiza... Ver o mundo de forma nova cada día.

Unha homenaxe a todos aqueles que xa non están connosco e que loitaron contra a enfermidade ou contra a mesma morte intentando ver a realidade de forma distinta... e tamén unha homenaxe a todos eses heroes anónimos que souberon loitar e traballar silenciosamente polos demais en nome de Xesús. Xente que creu cando todo dicía que había que claudicar. Eles deberon en moitos casos loitar contra a incomprensión e o rexeitamento cara aos que defendían.       
Hoxe, como entón, hai almas valentes que loitan pola xustiza, pola causa de Deus, aquí e alá. Persoas que no día a día demostran ser verdadeiramente "santas". A elas vai a homenaxe e o agradecemento.                               
Que esperamos para facelo?



Baseada nunha historia real, a película é a biografía do médico Patch Adams (Robin Williams), que revolucionou a comunidade médica oficial aplicando singulares terapias consistentes en facer rir e proporcionar afecto aos pacientes enfermos de cancro.