20 NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O 20 de novembro celébrase en todo o mundo o Día Universal da Infancia.

Días como o 20 de novembro serven para recordar que os dereitos da infancia están ratificados pero non garantidos.
Desgraciadamente séguense violando diariamente os dereitos de millóns de nenos e nenas en todos os países do mundo, e son moitos os retos que quedan hoxe en día e que se reflicten nestas cifras:

- 1 de cada 4 nenos e nenas vive en condicións de extrema pobreza, en familias con ingresos menores a 1 euro diario.
- 1 de cada 12 nenos e nenas morre antes de cumprir os 5 anos.
- Máis de 120 millóns de nenas e nenos en idade escolar non asisten á escola, na súa maioría nenas.
- Cada minuto, un/a neno/a morre por unha enfermidade vinculada á SIDA. Actualmente hai 15 millóns de nenos e nenas que perderon os seus proxenitores a causa da SIDA.
- 300.000 nenos e nenas están a servir a gobernos ou forzas rebeldes como soldados.
- Máis de 1,8 millóns de nenos e, sobre todo, nenas están sometidos á explotación sexual.


No hay comentarios:

Publicar un comentario