PREGÓN FESTA DA MILAGROSA


Queridos profesores e alumnos do Colexio La Inmaculada!!! 
Querida Comunidade Educativa!!!!
O vinte e sete de Novembro está xa moi próximo, e o noso centro vístese de festa.

Nestes días recordamos como Catalina Labouré, unha sinxela Filla da Caridade, tivo a graza de vivir experiencias de encontro con María. Ela transmitiulle unha mensaxe de amor. Tamén quixo deixarnos un signo, unha sinxela medalla que é un convite de amor e confianza en Deus.

Para celebrar este acontecemento tivemos que traballar todos e imos contar cuns días de alegría e agradecemento nos que preparamos un programa de variadas actividades:

- As celebracións Marianas, orientadas a resaltar a figura da Virxe Milagrosa (Oración da mañá, celebración da Medalla e Eucaristía, sacramento da Penitencia...)
- Actividades lúdicas, nas que manifestaremos a nosa creatividade e imaxinación (Participaremos en xogos sobre a Milagrosa e Santa Catalina, faremos debuxos e contos, veremos vídeos,...)
Todo isto vívese con máis alegría cando hai compañeirismo, ilusión e ganas de facer. Pero non hai que esquecer que son unhas festas que teñen un obxectivo primordial: manifestar a nosa Fe e devoción á Virxe.
Ánimo rapaces! Contamos convosco para vestir de cor a nosa festa e para poñer no centro dela á nosa  querida Virxe Milagrosa!




No hay comentarios:

Publicar un comentario