FESTA DA MILAGROSA

Co gallo do día da Festa da Virxe Milagrosa realizáronse no noso centro diferentes actividades e tiveron lugar diversos actos relixiosos:

        - Celebración relixiosa en Primaria e Secundaria por cursos,  cos titores, conmemorando a Festa da Milagrosa. Imposición da medalla na Capela.
- Imposición da medalla aos alumnos de Educación Infantil na Parroquia  Representación das aparicións por parte do grupo de JMV de 5º de Primaria.

Podedes ver as fotos da imposición da Medalla Milagrosa na páxina de INFANTIL deste blog.





             O Departamento de Pastoral proporciona aos titores os materiais para traballar cos alumnos  de INFANTIL, PRIMARIA e ESO. Actividades:
  •   INFANTIL: Colorear debuxo da Milagrosa e a Medalla (“Virxencitas”)
  •  1º e 2º Primaria: Colorear debuxo da Milagrosa e a Medalla  (“Virxencitas”)  
    • Xogo da Oca da Milagrosa
  •  3º e 4º Primaria: Colorear debuxo aparición da Milagrosa a Catalina 
    • Xogo da Oca da Milagrosa
  • 5º, 6º Primaria: Debuxar e colorear as viñetas da historia da Medalla da Virxe. 
    • Catequese sobre a Medalla 
    • Xogo da Oca da Milagrosa
Ademais,
           - En Primaria e ESO, explicación e visionado dun powerpoint das Aparicións e simbolismos da Medalla Milagrosa, no Salón de Actos
           - En Infantil, explicación e visionado dun powerpoint das Aparicións e simbolismos da Medalla Milagrosa adaptado na pizarra dixital.
           - Catequeses, textos e reflexións sobre as Aparicións e a mensaxe da Medalla Milagrosa.
           - Triduo da Milagrosa. A oración da mañá dos tres días previos á festividade da Milagrosa terá relación coa Virxe. 
          - Rezo do ANGELUS na semana da Milagrosa ás 12.00 h da mañá, en Primaria e ESO.
- Ensaio de cancións marianas en Infantil

          - Os titores terán á súa disposición materiais variados no blog de Pastoral:
http://inmaculadamarin-pastoral.blogspot.com/ (páxina de FESTAS)
- En JMV, 4º, 6º Primaria,  1º, e 2º ESO, Xogo da Oca da Milagrosa.















- Participación dun gran número de alumnos e pais na Eucaristía da Milagrosa da parroquia.













            - Ambientación do colexio con motivos e frases sobre as aparicións da Virxe a Santa Catalina Labouré e a Medalla Milagrosa.
Altar da Virxe no 2º andar (Primaria). Cada día, durante toda a semana, os alumnos colocaron ante ela unha oración ou reflexión.


No recibidor da entrada, en Infantil e no 1º andar, colocusse un cartel ampliado da Virxe e da Medalla Milagrosa , que os nenos tamén colorearon na clase.






No 3º andar (ESO), a Medalla Milagrosa

NA PROCURA DUN IDEAL (San Vicente visto por don Quixote)

       Carlos Beis, Adrián Grandal,Beatriz Cortegoso e Ylenia Couto Moreira , 2º ESO A

O dia 27 de setembro tivo lugar no noso colexio a representación dunha obra de teatro  "En busca de un ideal”,  en conmemoración do 350º  aniversario da morte de Santa Luisa e Vicente de Paúl.
Uns personaxes moi coñecidos por todos, Don Qixote e Sancho Panza, explicáronnos o traballo que realizaron San Vicente de Paul e Santa Luisa de Marillac.
O tema tratado foi  o valor que Vicente de Paúl seguiu na totalidade da súa vida; o respecto, o amor ao pobre, que o que importa é o valor interior e non o material...    Cremos que foi unha obra de interese porque tocaba uns temas importantes mediante a actuación  de dous personaxes moi coñecidos, como son Don Quixote e Sancho. 

 Manuel e Arón, os actores,   representaron moi ben os seus personaxes aínda que non tiveron tempo para estudar un papel tan longo e meterse no personaxe que supón Don Quixote ( coa súa tolemia ) e Sancho. Ademais tiñan que utilizar o  léxico da época onde se desenvolve esta historia. E a pesar deses inconvenientes non chegaron a sobreactuar.
No decorado, o que máis nos chamou a atención foron as imaxes aparecidas tras eles durante a obra e que funcionaron como apoio gráfico do texto que os actores recitaban.         
Recomendamos a obra porque resume moi ben o traballo de San Vicente de Paul e Santa Luisa de Marillac.

 

UN DÍA NA PRAIA

CHIARA 1ºESOB
Nós, toda a ESO, fomos o día 20 de setembro de 2010 andando ata a praia de Loira. Creo poder dicir que a miña clase era a que máis nerviosa estaba, pois aínda somos novatos nestas cousas, xa que somos de 1º. Dixéronnos que ás 9:30 saïamos do colexio.
Tiñamos moitísimas ganas, así que case contabamos os segundos para ir.
Fíxosenos algo duro ir, ía moita calor, pero aguatamos e cegamos os primeiros. Nada máis cegar sentamos a escribir os aspectos positivos e os negativos da viaxe. Ao rematar deixáronnos un tempo para disfrutar da praia e dos compañeiros. Algúns de nós xogamos ao fútbol, outros ao voleibol, outros cun "paracaídas", outros a sangue, e a todos os xogos que se nos ían ocorrendo. Estar alí era sentirse libre, toda a praia para nós!! O día era magnífico, soleado e cálido, a agua estaba moi fría, e nós disfrutamos xogando preto do mar.
A volta fíxose máis rápida. Cando nos decatamos xa estabamos en Portocelo.
Está claro que vindeiro ano repetiremos, aínda que os de 4º xa non poidan vir. É unha aventura moi bonita, xa que estamos en contacto con toda natureza.
 Inicio de curso 2010-11, na praia de Loira

GRAZAS, MARÍA


Mira a estrela, chama a María
Se se levantan os ventos das tentacións, se tropezas nos escollos da vida, mira a estrela, chama a María. Se es axitado polas ondas da soberbia,  da ambición ou da envexa, mira a estrela, chama a María. Se a ira ou a avaricia impelen violentamente a nave da túa alma, mira a estrela, chama a María.  Que María non se afaste nunca do teu corazón.

"Non te descamiñarás se a segues, non desesperarás se lle rezas, non te perderás se pensas nela. Se Ela te ten da súa man, non caerás; se te protexe, nada terás que temer; non te fatigarás, se é a túa guía: chegarás felizmente a porto, se Ela te ampara"


(San Bernardo, Homiliae "super Missus est" 2, 17).

Esta é a historia de María, moi sintética, relatando os momentos fundamentais da súa vida. O vídeo foi elaborado por JAVIER RODRÍGUEZ PUMAR, alumno de 3º ESO A.



Camiñemos con confianza en Deus imitando a Fe de María
 
Coma Ela, tamén nós podemos mirar con atención e conservar no corazón as marabillas que Deus leva a cabo cada día nas nosas vidas.

QUEN????

Con este título quero dar comezo a esta nova andadura do blog de Pastoral do noso centro. É unha mensaxe de esperanza para toda a nosa comunidade educativa: alumnos, profes, pais, persoal non docente .. e todos os que vos sumades ás nosas iniciativas, celebracións e actividades.
Esperanza para que todos saibamos escoitar no silencio, dar forzas a quen non as ten, achegarnos a quen nos rexeita, coidar o alleo como se fose propio, liberar do sufrimento, acoller, encher de luz cada momento, ser pacientes con quen nos é tan complicado.... Dar senido á PALABRA.
Tratemos de "manter intacta a esperanza". Para iso témonos os uns aos outros. Camiñemos nunha mesma dirección. Fagamos que isto funcione e seremos quen de "pintar de azul o Universo". Ánimo!!!!