QUEN????

Con este título quero dar comezo a esta nova andadura do blog de Pastoral do noso centro. É unha mensaxe de esperanza para toda a nosa comunidade educativa: alumnos, profes, pais, persoal non docente .. e todos os que vos sumades ás nosas iniciativas, celebracións e actividades.
Esperanza para que todos saibamos escoitar no silencio, dar forzas a quen non as ten, achegarnos a quen nos rexeita, coidar o alleo como se fose propio, liberar do sufrimento, acoller, encher de luz cada momento, ser pacientes con quen nos é tan complicado.... Dar senido á PALABRA.
Tratemos de "manter intacta a esperanza". Para iso témonos os uns aos outros. Camiñemos nunha mesma dirección. Fagamos que isto funcione e seremos quen de "pintar de azul o Universo". Ánimo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario