GRAZAS, MARÍA


Mira a estrela, chama a María
Se se levantan os ventos das tentacións, se tropezas nos escollos da vida, mira a estrela, chama a María. Se es axitado polas ondas da soberbia,  da ambición ou da envexa, mira a estrela, chama a María. Se a ira ou a avaricia impelen violentamente a nave da túa alma, mira a estrela, chama a María.  Que María non se afaste nunca do teu corazón.

"Non te descamiñarás se a segues, non desesperarás se lle rezas, non te perderás se pensas nela. Se Ela te ten da súa man, non caerás; se te protexe, nada terás que temer; non te fatigarás, se é a túa guía: chegarás felizmente a porto, se Ela te ampara"


(San Bernardo, Homiliae "super Missus est" 2, 17).

Esta é a historia de María, moi sintética, relatando os momentos fundamentais da súa vida. O vídeo foi elaborado por JAVIER RODRÍGUEZ PUMAR, alumno de 3º ESO A.



Camiñemos con confianza en Deus imitando a Fe de María
 
Coma Ela, tamén nós podemos mirar con atención e conservar no corazón as marabillas que Deus leva a cabo cada día nas nosas vidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario