NA PROCURA DUN IDEAL (San Vicente visto por don Quixote)

       Carlos Beis, Adrián Grandal,Beatriz Cortegoso e Ylenia Couto Moreira , 2º ESO A

O dia 27 de setembro tivo lugar no noso colexio a representación dunha obra de teatro  "En busca de un ideal”,  en conmemoración do 350º  aniversario da morte de Santa Luisa e Vicente de Paúl.
Uns personaxes moi coñecidos por todos, Don Qixote e Sancho Panza, explicáronnos o traballo que realizaron San Vicente de Paul e Santa Luisa de Marillac.
O tema tratado foi  o valor que Vicente de Paúl seguiu na totalidade da súa vida; o respecto, o amor ao pobre, que o que importa é o valor interior e non o material...    Cremos que foi unha obra de interese porque tocaba uns temas importantes mediante a actuación  de dous personaxes moi coñecidos, como son Don Quixote e Sancho. 

 Manuel e Arón, os actores,   representaron moi ben os seus personaxes aínda que non tiveron tempo para estudar un papel tan longo e meterse no personaxe que supón Don Quixote ( coa súa tolemia ) e Sancho. Ademais tiñan que utilizar o  léxico da época onde se desenvolve esta historia. E a pesar deses inconvenientes non chegaron a sobreactuar.
No decorado, o que máis nos chamou a atención foron as imaxes aparecidas tras eles durante a obra e que funcionaron como apoio gráfico do texto que os actores recitaban.         
Recomendamos a obra porque resume moi ben o traballo de San Vicente de Paul e Santa Luisa de Marillac.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario