SEMANA DO DESARME


Do 24 ao 30 de outubro ten lugar en todo o mundo a Semana do Desarme. O seu principal obxectivo é implicar a todos os Estados membros de Nacións Unidas na difusión do perigo que leva consigo a carreira armamentista, así como subliñar a importancia de rematar coa proliferación e fomento de armas.

Nos últimos anos, o número de mortes civís en conflitos armados aumentou considerablemente e ascende a máis do 90%. Máis da metade das vítimas son nenos. Nos últimos dez anos, dous millóns de nenos perderon a vida como consecuencia directa dos conflitos armados, e polo menos seis millóns sufriron graves danos. Ademais, estímase que 20 millóns de nenos tiveron que abandonar os seus fogares por causa de conflitos armados e violacións de dereitos humanos.

A guerra viola os dereitos do neno: o dereito á supervivencia, o dereito a vivir nunha familia unida, o dereito á saúde e á educación, o dereito a recibir protección contra a violencia e o abuso, e o dereito a recibir asistencia humanitaria.


Os nenos que viven en países en conflito teñen menos posibilidades de ir á escola e adoitan sufrir as consecuencias da pobreza, a violencia, a desnutrición, os desprazamentos e a enfermidade.

Poema Nuclear
Celso Emilio Ferreiro

¡Qué ben, que bomba ven co seu rebombio!

A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo.

A bomba con aramios, con formigas,
con fornos pra asar meniños loiros.
A bomba ten lombrices, bombardinos,
vermes de tu,, bombillas fluorescentes,
peixes de chumbo, vómitos, anémonas,
estrelas de plutonio plutocrático,
esterco de cobalto hidroxenado,
martelos. ferraduras, matarratos.


A bomba, bong. A bomba, bon amigo.

Con átomos que estoupan en cadeia
e creban as cadeias que nos atan:

Os outros edificios.
Os outros funcionarios.
Os outos fiñanceiros.
Os outos ideais

Todo será borralla radioaitiva!

As estúpidas nais que pairen fillos
polvo serán, mais polvo namorado!
Os estúpidos pais, as prostitutas,
as grandes damas da beneficencia,
magnates e mangantes, grandes cruces,
altezas, excelencias, eminencias,
cabaleiros cubertos, descubertos,
nada serán meu ben, si a bomba ven,
nada o amor, e nada a morte morta
con bendiciós e plenas indulxencias.

¡Qué ben, que a bomba ven! Nun instantiño
a amable primavera faise cinza
de vagos isotopos placentarios,
de letales surrisas derretidas
baixo un arco de átomos triunfaes.

A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombo
de setas e volutas abombadas,
axiña ven, vela ahí ven, bon amigo.

Estános ben! ¡Está ben! Está bon!

¡¡¡Boong!!! 

EL GRAN DICTADOR

Se o outro día tivestes un ratiño para ver o vídeo da campaña de Acción contra el Hambre con Pepe Sancho facendo o maxistral alegato contra a fame e simulando a secuencia da película El Gran Dictador, non vos perdades o alegato antibélico orixinal. 

TAPIZ MUSICAL: Música para Orar (Grupo IXCIS)



Hoxe ofrecémosche un material para orar coa música.
O recurso musical pertence ao Grupo IXCIS de España e vén acompañado dunha presentación feita con debuxos de Patxi (Fano) e Manu, representando así cada canción cun debuxo feito para a ocasión. 
"Estamos seguros de que che vai encantar. Entra "con calma" a rezar "un anaco na rede, que para rezar calquera sitio é bo,"
Ogallá sexa unha axuda para calquera momento da túa vida, dos teus, dos teus amigos, próximos e non tan próximos...



Non dubides en entrar aquí sempre que o necesites....



A DITADURA DA FAME


Invítovos a ver o vídeo dunha campaña de Acción contra el Hambre. Simulando a secuencia dunha antiga película moi coñecida, o actor Pepe Sancho fai un maxistral alegato contra a fame

Con Deus entre os máis pobres

Unha salesiana, unha filla da caridade e dous paúis españois están dando o mellor da súa vida para mellorar a situación dos malgaxes. A capital de Madagascar, Antananarivo, e varias cidades do sur da illa, son os escenarios nos que transcorre a misión destes heroes anónimos. 
Coa denominación de Misioneros Vicencianos faise referencia neste artigo ao carisma misioneiro dos Padres Paúis, Fillas da Caridade e Misioneiros Segrares Vicencianos (MISEVI). Unha galería de homes e mulleres de talle excepcional que se encontran alí onde máis se lles necesita --entre os perseguidos, orfos, famentos, enfermos, escravos, encarcerados, humillados... 
Son anunciadores e testemuñas da predilección de Deus polos máis pobres.

17 OUTUBRO: Día Internacional para a Erradicación da Pobreza

O Día Internacional para a Erradicación da Pobreza foi observado cada ano, a partir de 1993, co propósito de promover maior conciencia sobre as necesidades para erradicar a pobreza e a indixencia en todos os países, en particular nos países en desenvolvemento - necesidade que se converteu nunha das prioridades do desenvolvemento. 
     No Cumio do Milenio, os xefes de estado e de goberno, comprometéronse a reducir a metade, ata o ano 2015, a porcentaxe das persoas que viven na indixencia - cuxos ingresos sexan inferiores a $1 dólar por día. O Día Internacional para a Erradicación da Pobreza pon de relevo a necesidade dunha alianza verdadeiramente mundial na loita contra a pobreza, na que participen de xeito activo tanto os países desenvolvidos coma os países en desenvolvemento.

INICIAMOS CURSO EN JMV

... Como xa vos anunciamos, iniciamos o novo curso de JMV dispostos a dar VIDA.... 





15 OUTUBRO: SANTA TERESA DE XESÚS


A Igrexa celebra hoxe a Santa Teresa de Xesús, santa española do século XVI. Seguramente teredes oído falar dela ou mesmo a estudásedes en literatura. Pero agora queremos fixarnos nela porque foi unha verdadeira misioneira da fe. Sabiades que santa Teresa tardou moitos anos da súa vida en converterse e en fiarse de Deus? Pero chegou un momento no que encontrarse con Xesús a cambiou de arriba abaixo e naceu unha persoa nova, auténtica. O centro da súa vida foi a confianza absoluta en Deus, porque sabía que a quería dunha forma moi especial e dende aquel día, esa fe foi para ela o impulso para vivir renovada e con forza renovando o mundo! Simplemente porque sabía que en Deus ía atopar todo, absolutamente todo, o que necesitaba para vivir; por iso dicía "Nada te turbe, nada te espante, quen a Deus ten nada lle falta, só Deus abonda". Así de grande era a confianza que tiña en Deus. Non é impresionante?


 

11 OUTUBRO 2012: COMEZA O ANO DA FE


O Ano da Fe "é un convite a unha auténtica e renovada conversión ao Señor, único Salvador do mundo". Inicia o 11 de outubro de 2012 e rematará o 24 de novembro de 2013.

O 11 de outubro coinciden dous aniversarios: o 50 aniversario da apertura do Concilio Vaticano II e o 20 aniversario da promulgación do Catecismo da Igrexa Católica. A clausura, o 24 de novembro, será a solemnidade de Cristo Rey

JMV - CONVIVENCIA CONVOCATORIA

Iniciamos xa a nosa andadura en JMV, xa o sabedes ...  E facémolo con ganas!!!! 
Os mozos e mozas da etapa de Convocatoria (3º ESO, 4º ESO, BACH) estades convidados a participar no encontro que terá lugar en La Mata (León) os vindeiros 19, 20, 21 de outubro.  Este si que será un gran inicio de curso!!! 

Animádevos!!!! 




10 OUTUBRO. DÍA MUNDIAL CONTRA A PENA DE MORTE



ORACIÓN PARA ABOLIR A PENA DE MORTE

Padre
Pedímosche que bendizas todo o que facemos para construír unha cultura de paz.
Escoita a nosa oración polos afectados pola pena de morte.
Oramos por todas as persoas,
para que as súas vidas e a súa dignidade de fillos/as dun Deus amante da vida
sexan respectadas e protexidas en todo momento e en toda circunstancia.
Oramos polas vítimas da violencia e as súas familias,
para que o noso amor as sosteña e encontren conforto na túa compaixón e na promesa de vida eterna. Oramos polos que se encontran no pavillón da morte,
para que as súas vidas non sexan desbordadas;
pedimos que os inocentes sexan liberados
e que os culpables recoñezan as súas faltas e busquen a reconciliación contigo.
Oramos polas familias dos que van ser executados,
para que sexan consolados polo teu amor e compaixón.
Oramos polos líderes civís,
para que se comprometan a respectar toda vida humana
e a poñer fin ao uso da pena de morte na nosa terra.
Pai bondadoso, dános a túa sabedoría e enche do teu amor os nosos corazóns.
Guíanos no noso compromiso para rematar co uso da pena de morte
e para construír unha sociedade que verdadeiramente elixa a vida en toda circunstancia.
Pedímoscho polo noso Señor Xesucristo, o teu Fillo,
que vive e reina contigo e o Espírito Santo polos séculos dos séculos. Amén.




JMV... PAGA A PENA VIVIR....


Baixo o lema "Fai latexar o corazón do mundo... Paga a pena vivir" JMV do Colexio Inmaculada e San Narciso unímonos para pasar un estupendo día de convivencia.
Reflexionamos sobre quen dos que alí estabamos queriamos estar vivos de verdade, plenamente vivos.  Que é o que paga pena hoxe? Queremos axudar a salvar o mundo, a facer que a xente viva de verdade? A facer latexar o corazón do mundo? Paga a pena vivir. Xesús está do nos o lado e invítanos a POÑER CORAZÓN en todo o que facemos, a poñer vida, a dar vida aos demais e ao mundo. 




SAN VICENTE... A NOSA CELEBRACIÓN


O xoves 27 de setembro celebramos o día do fundador das Fillas da Caridade e, polo tanto, o patrono do noso colexio: San Vicente de Paúl. Todo o colexio estivo ambientado con imaxes de San Vicente e debuxos e pictogramas que elaboraron os alumnos de Infantil e Primaria.   
Para recordalo e festexalo no seu día, os alumnos de 3º - 6º Primaria e mais a ESO participamos na Eucaristía no Templo novo de Marín. O sacerdote que a celebrou chamábase Javier e foi profesor no seminario de Santiago (actualmente é o Delegado de Pastoral xuvenil e infantil da diocese de Santiago). Comezamos co canto de entrada, despois unha lectura de San Pablo seguido do Evanxeo. Durante o sermón, o sacerdote pediu unha guitarra e contou unha historia moi bonita sobre o que unha bomba non pode destruir. Logo chegou a consagración, comuñón e a beizón final, tras a que cantamos xuntos unha canción coa que nos comprometimos a implicarnos en construir un mundo de amor. Voltamos para clase e convidáronnos a piruletas. Entre o mércores e o xoves uns nenos de 1º ESO fixeron unha interpretación aos máis cativos (de Infantil e 1º-3º EP), sobre quen era San Vicente e a súa amizade con Xesús. Ademais, un grupo de alumnos de 4º ESO representaron para toda Infantil e Primaria un teatro de títeres sobre a vida de San Vicente.
Pablo P. Álvarez Gutiérrez (1º ESO)

JMV... COMEZAMOS A DAR VIDA!!!


JMV inaugura, mañá 6 de outubro, a apertura dun novo curso; nós, como cada ano, inicámolo cunha convivencia no colexio, compartida con JMV San Narciso e co lema do curso moi claro:
"VIDA, para que teñían vida"

Iniciamos os grupos de JMV e queremos contar contigo. Reunímonos porque queremos medrar en valores cristiáns. 

Para presentar este novo curso, teremos unha celebración que nos dea VIDA, reflexionaremos, cantaremos, descubriremos algo máis sobre JMV e, ademais, recibiremos un regalo.... 

¡¡¡ANÍMATE!!!!

VIVIR....


Comeza un novo curso, e é tempo de bos propósitos. Non sei se ten que ver moito estes dous pequenos poemas de Pessoa; o primeiro parece un xogo de palabras, mentres o segundo nos ofrece unha lección de vida nunha bela imaxe... paxaros-almas que cantan e lúas que se reflicten nos lagos....
Non sei se teñen que ver moito, pero pode ser un bo punto de partida. Ser todo en cada cousa... cantar sen molestar... escoitar os sons do aire... quizais nestes sinxelos versos estea a clave de todo bo comezo: en dar, sinxelamente, o que un é; manter os grandes ideais ben alto, sen que caian; e estar en sintonía con aquilo que nos fai cantar, movernos, VIVIR...

"Pero non, é abstracta, é un paxaro
De sons no aire do encumbrado aire,
E a súa alma canta sen molestar
Porque o canto é o que a fai cantar. "

"Para ser grande, se enteiro: nada
teu esaxeres ou exclúas.
Se todo en cada cousa. Pon canto es
no mínimo que fagas.
Por iso a lúa brilla toda
en cada lago, porque alta vive. "
FERNANDO PESSOA

ORACIÓNS MES DE OUTUBRO

Ao longo destes días podes rezar a diario utilizando o blog como ferramenta. Preme no apartado de ORACIÓNS e ... listo. Se queres utilizar música non dubides en usar o ipod. E se queres outro tipo de canción,  envíame as túas suxerencias e intentarei buscar algo máis axeitado. Graciñas