10 OUTUBRO. DÍA MUNDIAL CONTRA A PENA DE MORTE



ORACIÓN PARA ABOLIR A PENA DE MORTE

Padre
Pedímosche que bendizas todo o que facemos para construír unha cultura de paz.
Escoita a nosa oración polos afectados pola pena de morte.
Oramos por todas as persoas,
para que as súas vidas e a súa dignidade de fillos/as dun Deus amante da vida
sexan respectadas e protexidas en todo momento e en toda circunstancia.
Oramos polas vítimas da violencia e as súas familias,
para que o noso amor as sosteña e encontren conforto na túa compaixón e na promesa de vida eterna. Oramos polos que se encontran no pavillón da morte,
para que as súas vidas non sexan desbordadas;
pedimos que os inocentes sexan liberados
e que os culpables recoñezan as súas faltas e busquen a reconciliación contigo.
Oramos polas familias dos que van ser executados,
para que sexan consolados polo teu amor e compaixón.
Oramos polos líderes civís,
para que se comprometan a respectar toda vida humana
e a poñer fin ao uso da pena de morte na nosa terra.
Pai bondadoso, dános a túa sabedoría e enche do teu amor os nosos corazóns.
Guíanos no noso compromiso para rematar co uso da pena de morte
e para construír unha sociedade que verdadeiramente elixa a vida en toda circunstancia.
Pedímoscho polo noso Señor Xesucristo, o teu Fillo,
que vive e reina contigo e o Espírito Santo polos séculos dos séculos. Amén.




No hay comentarios:

Publicar un comentario