SEMANA DO DESARME


Do 24 ao 30 de outubro ten lugar en todo o mundo a Semana do Desarme. O seu principal obxectivo é implicar a todos os Estados membros de Nacións Unidas na difusión do perigo que leva consigo a carreira armamentista, así como subliñar a importancia de rematar coa proliferación e fomento de armas.

Nos últimos anos, o número de mortes civís en conflitos armados aumentou considerablemente e ascende a máis do 90%. Máis da metade das vítimas son nenos. Nos últimos dez anos, dous millóns de nenos perderon a vida como consecuencia directa dos conflitos armados, e polo menos seis millóns sufriron graves danos. Ademais, estímase que 20 millóns de nenos tiveron que abandonar os seus fogares por causa de conflitos armados e violacións de dereitos humanos.

A guerra viola os dereitos do neno: o dereito á supervivencia, o dereito a vivir nunha familia unida, o dereito á saúde e á educación, o dereito a recibir protección contra a violencia e o abuso, e o dereito a recibir asistencia humanitaria.


Os nenos que viven en países en conflito teñen menos posibilidades de ir á escola e adoitan sufrir as consecuencias da pobreza, a violencia, a desnutrición, os desprazamentos e a enfermidade.

Poema Nuclear
Celso Emilio Ferreiro

¡Qué ben, que bomba ven co seu rebombio!

A bomba, ¡bong!, a bomba, bon amigo.

A bomba con aramios, con formigas,
con fornos pra asar meniños loiros.
A bomba ten lombrices, bombardinos,
vermes de tu,, bombillas fluorescentes,
peixes de chumbo, vómitos, anémonas,
estrelas de plutonio plutocrático,
esterco de cobalto hidroxenado,
martelos. ferraduras, matarratos.


A bomba, bong. A bomba, bon amigo.

Con átomos que estoupan en cadeia
e creban as cadeias que nos atan:

Os outros edificios.
Os outros funcionarios.
Os outos fiñanceiros.
Os outos ideais

Todo será borralla radioaitiva!

As estúpidas nais que pairen fillos
polvo serán, mais polvo namorado!
Os estúpidos pais, as prostitutas,
as grandes damas da beneficencia,
magnates e mangantes, grandes cruces,
altezas, excelencias, eminencias,
cabaleiros cubertos, descubertos,
nada serán meu ben, si a bomba ven,
nada o amor, e nada a morte morta
con bendiciós e plenas indulxencias.

¡Qué ben, que a bomba ven! Nun instantiño
a amable primavera faise cinza
de vagos isotopos placentarios,
de letales surrisas derretidas
baixo un arco de átomos triunfaes.

A bomba, ¡bong! A bomba co seu bombo
de setas e volutas abombadas,
axiña ven, vela ahí ven, bon amigo.

Estános ben! ¡Está ben! Está bon!

¡¡¡Boong!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario