SAN VICENTE... A NOSA CELEBRACIÓN


O xoves 27 de setembro celebramos o día do fundador das Fillas da Caridade e, polo tanto, o patrono do noso colexio: San Vicente de Paúl. Todo o colexio estivo ambientado con imaxes de San Vicente e debuxos e pictogramas que elaboraron os alumnos de Infantil e Primaria.   
Para recordalo e festexalo no seu día, os alumnos de 3º - 6º Primaria e mais a ESO participamos na Eucaristía no Templo novo de Marín. O sacerdote que a celebrou chamábase Javier e foi profesor no seminario de Santiago (actualmente é o Delegado de Pastoral xuvenil e infantil da diocese de Santiago). Comezamos co canto de entrada, despois unha lectura de San Pablo seguido do Evanxeo. Durante o sermón, o sacerdote pediu unha guitarra e contou unha historia moi bonita sobre o que unha bomba non pode destruir. Logo chegou a consagración, comuñón e a beizón final, tras a que cantamos xuntos unha canción coa que nos comprometimos a implicarnos en construir un mundo de amor. Voltamos para clase e convidáronnos a piruletas. Entre o mércores e o xoves uns nenos de 1º ESO fixeron unha interpretación aos máis cativos (de Infantil e 1º-3º EP), sobre quen era San Vicente e a súa amizade con Xesús. Ademais, un grupo de alumnos de 4º ESO representaron para toda Infantil e Primaria un teatro de títeres sobre a vida de San Vicente.
Pablo P. Álvarez Gutiérrez (1º ESO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario