VIVIR....


Comeza un novo curso, e é tempo de bos propósitos. Non sei se ten que ver moito estes dous pequenos poemas de Pessoa; o primeiro parece un xogo de palabras, mentres o segundo nos ofrece unha lección de vida nunha bela imaxe... paxaros-almas que cantan e lúas que se reflicten nos lagos....
Non sei se teñen que ver moito, pero pode ser un bo punto de partida. Ser todo en cada cousa... cantar sen molestar... escoitar os sons do aire... quizais nestes sinxelos versos estea a clave de todo bo comezo: en dar, sinxelamente, o que un é; manter os grandes ideais ben alto, sen que caian; e estar en sintonía con aquilo que nos fai cantar, movernos, VIVIR...

"Pero non, é abstracta, é un paxaro
De sons no aire do encumbrado aire,
E a súa alma canta sen molestar
Porque o canto é o que a fai cantar. "

"Para ser grande, se enteiro: nada
teu esaxeres ou exclúas.
Se todo en cada cousa. Pon canto es
no mínimo que fagas.
Por iso a lúa brilla toda
en cada lago, porque alta vive. "
FERNANDO PESSOA

No hay comentarios:

Publicar un comentario