FESTA DE SAN VICENTE 2013

Hoxe, para o noso Colexio foi un día grande: A FESTA DO GRANDE AMIGO E MISIONEIRO, VICENTE DE PAÚL.

Vicente de Paúl abre os ollos en 1581, na granxa de Ranquines, moi preto de Dax, no sueste de Francia. É o terceiro de seis irmáns.

Ordenado sacerdote aos dezanove anos, parece que só lle preocupa encontrar unha boa posición e vivir comodamente. Para conseguilo, estuda nas universidades de Toulouse e de Zaragoza, viaxa dúas veces a Roma, percorre Francia..., busca entaboar relacións cos grandes, sen conseguir practicamente nada.

Despois, pouco a pouco, os SEUS OLLOS DE HOMBRE VANSE TRANSFORMANDO EN MIRADA DE DEUS, EN MIRADA DE AMOR.

Somos portadores dunha herdanza que San Vicente nos deixou ao longo de toda a súa vida. San Vicente ensínanos a espertar e transformar a nosa mirada dando verdadeiro sentido á nosa vida: ver a Cristo no pobre, ser sensibles ante as realidades que nos rodean, achegarnos aos demais dende a humildade e a sinxeleza.

FOTOS FESTA DE SAN VICENTE DE PAÚL (preme no enlace)









CARTA DE SAN VCENTE AOS ALUMNOS E ALUMNAS DO COLEXIO


Carta de San Vicente aos nenos e nenas do Colexio La Inmaculada de Marín

Eu, Vicente de Paul, quero a dirixirme a todos vós, cristiáns e amigos do século XXI, xa que me decatei de que desexades comezar o curso con ilusión e festa no voso colexio.

Pois ben, direivos que nacín o 24 de abril de 1581 nun pobo do sur de Francia chamado Pouy, na rexión das Landas.

Seguide investigando nos libros, en Internet, preguntando ás profes,…  as aventuras da miña vida, que non foron poucas.

A urxencia desta carta débese ao desexo de animarvos a vivir con alegría e amor entre os compañeiros, que que pensedes nos que teñen menos ca vós, que esteades sempre unidos para loitar contra as inxustizas da vosa sociedade, que sexades sensíbeis ás pobrezas (que non son sempre materiais) que existen ao voso redor…

Recorda que ti tes saúde, amigos, unha familia, un cole,…  pero que hai outros nenos e maiores que carecen de cariño, viven en  soidade, pasan fame, son explotados…..
Queres empezar a construír un mundo mellor para todos? Felicítote porque creo que acertei a túa resposta.

Para os teus pais e profes, o meu saúdo afectuoso.
Ánimo e disfruta que hoxe é festa grande no cole.

Quérete, o teu amigo

Vicente de Paúl


Despois de que o teu profesor profesora che contara máis cousas de San Vicente responde á súa carta contándolle quen é ti e que queres ser de maior. Seguro que a San Vicente lle interesa saber se hai xente necesitada preto de ti e como a podes axudar, que vas facer na casa, coa túa familia, no cole, cos amigos…

Querido San Vicente:
...






O teu amigo/a


PREPARANDO A FESTA DE SAN VICENTE - CANTOS


PREPARANDO A FESTA DE SAN VICENTE DE PAÚL -VÍDEOS

Aquí podes ver un resumo da vida de Vicente de Paúl 





     

SAÚDO DO EQUIPO DE ANIMACIÓN PASTORAL


BO DÍA A TODOS
Xa sabedes que, ademais de todo o que aprendedes en cada clase, en cada materia, o que pretendemos no cole é o desenvolvemento de todas as dimensións da persoa. A Pastoral comprende todas esas propostas que vos facemos continuamente: as campañas, as celebracións, as festas, as convivencias, as campañas solidarias, as titorías...

Este camiño non o facemos sós, por iso dende ao Equipo de Animación Pastoral tratamos de coidar todos os elementos para crear un ambiente no que nos sintamos a gusto, porque é como se o noso colexio fose unha casa con corazón, para que non sexa só un cole máis, senón que entre os seus muros se respire paz, amor, solidariedade, compañeirismo, entrega.

Importades cada un de vós, as vosas ilusións, o voso futuro. E por iso atoparás aquí persoas dispostas a botarche unha man ante as dificultades e a gozar coas túas alegrías.

É moi importante que durante estes primeiros días de curso sexamos capaces de darnos a benvida, de desexarnos un bo traballo, de poñer as bases deste novo curso que nos espera. Neste sentido o lema do curso axúdanos especialmente xa que supón un reto e un convite: Esperta! Outra mirada é posible!

Ao comezo deste curso, imos dar grazas a Deus polo novo curso que pon nas nosas mans. Agradecémosllo intentando aproveitalo a tope. Dende agora mesmo. Por iso dicimos todos xuntos:

Noso Pai  que estás no ceo...

Bo día e feliz curso.