SAÚDO DO EQUIPO DE ANIMACIÓN PASTORAL


BO DÍA A TODOS
Xa sabedes que, ademais de todo o que aprendedes en cada clase, en cada materia, o que pretendemos no cole é o desenvolvemento de todas as dimensións da persoa. A Pastoral comprende todas esas propostas que vos facemos continuamente: as campañas, as celebracións, as festas, as convivencias, as campañas solidarias, as titorías...

Este camiño non o facemos sós, por iso dende ao Equipo de Animación Pastoral tratamos de coidar todos os elementos para crear un ambiente no que nos sintamos a gusto, porque é como se o noso colexio fose unha casa con corazón, para que non sexa só un cole máis, senón que entre os seus muros se respire paz, amor, solidariedade, compañeirismo, entrega.

Importades cada un de vós, as vosas ilusións, o voso futuro. E por iso atoparás aquí persoas dispostas a botarche unha man ante as dificultades e a gozar coas túas alegrías.

É moi importante que durante estes primeiros días de curso sexamos capaces de darnos a benvida, de desexarnos un bo traballo, de poñer as bases deste novo curso que nos espera. Neste sentido o lema do curso axúdanos especialmente xa que supón un reto e un convite: Esperta! Outra mirada é posible!

Ao comezo deste curso, imos dar grazas a Deus polo novo curso que pon nas nosas mans. Agradecémosllo intentando aproveitalo a tope. Dende agora mesmo. Por iso dicimos todos xuntos:

Noso Pai  que estás no ceo...

Bo día e feliz curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario