FESTA DE PENTECOSTE

Hoxe celebramos a festa de Pentecoste que nos recorda o nacemento da Igrexa, na que recibimos a forza do Espírito. Pero, para que o recibimos? Quizais nos pase como aos discípulos, que temos medo, temos as nosas portas pechadas.
Poderías preguntarte: Cales son os meus medos? Que é o que me paraliza na miña vida? 
Seguro que hai cousas de ti que necesitan que Xesús resucitado abra e se presente ante ti coma aos discípulos. 
Seguro que necesitas que Xesús te encha da súa paz para que goces desa alegría que se sente cando estás en paz contigo mesmo e cos demais. Ese pode ser un sinal do resucitado, sen que faga falta que che ensine as súas mans e o seu costado. 
Deixa que Xesús te envíe e te encha da forza do seu espírito que enche de vida e de cor a realidade que te rodea. 
Si, Xesús invítanos a poñer cor na nosa vida e na dos demais unha cor de esperanza e de perdón. 
Sente a forza do amor e a entrega á que te chama Xesús. 
Quizais chegue o momento de preguntarte: Que queres, Señor, de min? Que queres que faga coa miña vida? Seguro que ten unha resposta e unha misión, algo bo reservado para ti, porque puxo a súa confianza en ti. 
Ah! Non esquezas que non estás só, levas dentro de ti a forza do Espírito.

JMV - ENCONTRO XUVENÍS E CONVOCATORIA MADRID 2012


Xa queda menos para o esperada cita de JMV. Este xoves marchan rumbo a Madrid os jumavitas que participarán no Encontro Nacional de JMV, o 27 de Maio, baixo o  lema "Gritemos a gran verdade".  



E,xa sabes, únete ao movemento JMV a través das redes sociais:
  • witter del Encuentro: @jmverdad
  • Hastag del Encuentro: #jmvmadrid2012

XXV ANIVERSARIO PROMOCIÓN 86-87

O sábado 19 de Maio de 2012, un grupo de 43 ex alumnas, 4 profes e varias irmás, reunímonos no colexio (algunhas 25 anos despois) para rememorar por unhas horas os anos vividos na nosa infancia.
Iniciamos a conmemoración na capela, celebrando unha Eucaristía chea de lembranzas e moi emotiva. A celebración continuou posteriormente cunha cea no Club de Mar de Aguete, na que compartimos vivencias e recordos coas nosas antigas compañeiras de clase.
Se queredes ver as fotos premede no enlace.

XXV ANIVERSARIO PROMOCIÓN 86-87_ 19 MAIO 2012


ASCENSIÓN DE XESÚS

Hoxe celebramos unha das grandes festas dos cristiáns, que é a festa da Ascensión, onde se pecha o camiño que nos marcou Xesús volvendo ao Pai. Se nós estamos chamados a alcanzar a mesma meta, decatámonos de que saímos do Pai para que día volvermos a el. En definitiva, recordamos que nel encontramos a nosa verdadeira identidade e razón de ser. Xesús invítanos a entrar no noso interior para encontrar o Pai. Pero ese encontro con Deus, non é para que o quedemos para nós. Isto non funciona como a economía do noso mundo. A economía de Deus fala de gratuidade, de dar gratis o que gratis recibimos. De aí que a mensaxe de Xesús na ascensión sexa: "Ide ao mundo enteiro e proclamade o Evanxeo a toda a creación". A boa noticia de Xesús é para todos. Esa paixón de Xesús polo Reino de Deus, é a mesma que nos impulsa hoxe a superar as nosas diferenzas, a poñer paz e reconciliación onde existan conflitos, a ofrecer aos demais unha mensaxe de esperanza, a tender unha man a quen o necesite, a compartir o que temos cos máis pobres. Xesús conta contigo para que o deas a coñecer a outros, para que presentes aos demais quen é, dicindo que paga a pena vivir a vida ao seu estilo. Como o podes dicir aos demais? Pode que sintas medo ao que dirán, pode que se rían de ti por dicir que es cristián. Por iso, moitas veces serás testemuña de Xesús coa túa vida, co teu exemplo, co teu xeito especial de vivir o evanxeo, que che fai diferente e auténtico.
 

CAMIÑANDO CON MARÍA

Moitos países do hemisferio norte dedican o mes de maio a Santa María “Re-cordar” é pasar a historia polo filtro do corazón. E de todo corazón evocamos o posto que María ocupa na vida de Xesús e na dos cristiáns * Na súa Concepción Inmaculada, María revela o amor gratuíto de Deus e a grandeza de Xesús, a “vida mesma que renova todas as cousas”. * Na súa Anunciación acepta a palabra divina, abraza a vontade de Deus e conságrase a si mesma, como escrava do Señor, á Persoa e á obra do seu Fillo. * Na súa visita á súa parente Sabela, María é proclamada benaventurada por mor da súa fe na salvación prometida por Deus. * No nacemento de Xesús en Belén, María, chea de alegría, mostra o seu Fillo aos pastores e aos Magos. * Na vida pública de Xesús, a súa Nai aparece nas vodas de Caná, movida a misericordia, e máis tarde aprende que son benaventurados os que escoitan e cumpren a palabra de Deus, como ela o facía fielmente. * Na hora do suplicio de Xesús, María mantén fielmente a unión co seu Fillo ata a na Cruz, e é dada como Nai ao discípulo amado. * Na espera pentecostal do Espírito, María persevera en oración cos apóstolos e coa pequena comunidade de discípulos de Xesús. * Finalmente, terminado o curso da vida terrea, María foi elevada á gloria celestial (Asunción) e enaltecida polo Señor como Raíña do Universo. María forma parte da nosa familia. É para todos nós un espléndido e próximo modelo de fe, de esperanza e de caridade. Os alumnos de 4º ESO quisieron axudarnos a recorrer este camiño de María, pasando polos principias momentos da súa vida, resumidas en moiitas das súas actitudes: alegría, amor a Deus, sinxeleza, proximidade aos máis necesitados... GRAZAS, MARÍA polas túas ensinanzas.
GRAZAS, ALUMNOS/AS DE 4º ESO POLO VOSO EXCELENTE TRABALLO!!!!

CAMPAMENTOS DE VERANO JMV

“Gritemos a Gran Verdade”    

- Campamento de  e  (10-11 anos) en La Mata (León) do 1 ao 10 de xullo.

- Campamento de 2º e  ESO (13-15 anos) en La Mata (León) do 10 ao 20 de xullo.

- Campamento de Convocatoria (15-16 anos) en La Mata (León)-Benagalbón (Málaga), do 10 ao 20 de xullo. 

- Campamento de 1º ESO (12 anos) en Tui (Pontevedra) do 20 ao 30 de xullo



MARCHA MARIANA 2012

O pasado sábado 21 de abril, uns 400 miembros de JMV de Galicia, Asturias e León reuníronse en Ribadeo (Lugo) para celebrar a xa tradicional Marcha Mariana para camiñar con María cara á gran VERDADE.
En principio, o destino era o Mirador de Santa Cruz, pero por mor do mal tempo tiveron que quedar no Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo, onde participaron na Eucaristía, realizaron diversas actividades en grupo, compartiron a comida, coñeceron novos amigos, reencontráronse cos xa coñecidos doutras convivencias e campamentos, xogaron no patio e, xa pola tarde, fixeron unha xinkhana pola localidade. Un día intenso e, cheos de ilusión, regresaron felices aos seus lugares de orixe á espera de novos encontros.

MAIO, MES DE MARÍA

Durante todo o mes de maio, nas diferentes aulas, teremos a imaxe de María nun lugar especial da clase, decorada con flores e recordando que o mes de Maio é o mes das flores e María é a flor máis bela.

No mural, cada semana os nenos irán compoñendo unha flor que ofrecerán a María, pegando un pétalo  cada día, con poesías, peticións, accións de grazas e escritos feitos por eles e dedicados a María.
Tamén colorearán a vida de María e recorrerán con ela o seu camiño de aceptación e entrega, e durante as diferentes etapas da súa vida, dende que dixo SI ao anxo na Anunciación ata a morte de Xesús, ao que acompañaou na cruz e a súa Asunción. 
Ademais doutras actividades na aula e da OFRENDA FLORAL programada para o 15 e 16 de Maio (dependendo dos cursos), os nenos de Infantil e Primaria realizan a súa oración a María acompañados tamén polas súas familias.

FELIZ DÍA DA NAI 2012

Mamá é a máis bonita das miles de palabras que diariamente pronunciamos.  A primeira palabra que aprendemos, a primeira imaxe que coñecemos e que levamos para sempre no corazón. Pronunciámola entre bicos, caricias, abrazos, contos, cantos, risas e choros. Dicir mamá é dicir tenrura, proximidade, dedicación, sacrificio, abnegación. A mamá é como un corazón aberto: a primeira que se levanta coma o sol, e a última que se deita. No medio das súas múltiples trasfegas e quefaceres, dáse tempo para rir, para amar, para acompañar, para corrixir, para ensinar, para soñar. A mamá é como unha festa, onde está ela, estase ben, estase seguro, estase tranquilo. Ela é a alegría e a luz do fogar. Cando se ausenta, cando se vai, cando non está, faise baleiro, faise escuridade, debilítase a familia. Non te esquezas nunca de que ela foi e aínda segue sendo o teu anxo.
Vístete de amor, vístete de perdón, vístete de paciencia e de bo humor para ela e que a túa vida lle diga: FELIZ DÍA, MAMÁ!

5º DOMINGO DE PASCUA

En aquel tiempo, dijo Jesús a sus discípulos: «Yo soy la verdadera vid, y mi Padre es el labrador. A todo sarmiento mío que no da fruto lo arranca, y a todo el que da fruto lo poda, para que dé más fruto. Vosotros ya estáis limpios por las palabras que os he hablado; permaneced en mí, y yo en vosotros. Como el sarmiento no puede dar fruto por sí, si no permanece en la vid, así tampoco vosotros, si no permanecéis en mí. Yo soy la vid, vosotros los sarmientos; el que permanece en mí y yo en él, ése da fruto abundante; porque sin mí no podéis hacer nada. Al que no permanece en mí lo tiran fuera, como el sarmiento, y se seca; luego los recogen y los echan al fuego, y arden. Si permanecéis en mí, y mis palabras permanecen en vosotros, pedid lo que deseáis, y se realizará. Con esto recibe gloria mi Padre, con que deis fruto abundante; así seréis discípulos míos.»
 
As contrariedades da vida teñen sentido, son parte desa purificación que nos vai facendo medrar na fe e na inserción en Cristo, e que nos permite "dar froito", como as vides unidas á vide. Porque, unha vez máis, como nos recordou Xoán, é hora de pasar das palabras aos feitos: a verdadeira fe non pode non expresarse nas obras do amor e comunicarse dese xeito. Porque pouco a pouco temos que ir entendendo que a fe que recibimos non é un don só para nós mesmos, senón que ten que dar froito abundante para a vida do mundo. É importante subliñar que ha de ser abundante e non só un pouco de froito para o meu persoal uso e consumo: ten que ser abundante de modo que poida ser ofrecido como alimento para que o mundo teña vida, pois é por ese "mundo enteiro" polo que Cristo se entregou á morte e resucitou á vida nova, e é ese "todo o mundo" ao que temos que mirar dende a luz que recibimos co don da fe en Xesús, o Señor, o Cristo, a Vide que nos transmite a savia que fai a nosa vida fecunda tamén para os demais.