MAIO, MES DE MARÍA

Durante todo o mes de maio, nas diferentes aulas, teremos a imaxe de María nun lugar especial da clase, decorada con flores e recordando que o mes de Maio é o mes das flores e María é a flor máis bela.

No mural, cada semana os nenos irán compoñendo unha flor que ofrecerán a María, pegando un pétalo  cada día, con poesías, peticións, accións de grazas e escritos feitos por eles e dedicados a María.
Tamén colorearán a vida de María e recorrerán con ela o seu camiño de aceptación e entrega, e durante as diferentes etapas da súa vida, dende que dixo SI ao anxo na Anunciación ata a morte de Xesús, ao que acompañaou na cruz e a súa Asunción. 
Ademais doutras actividades na aula e da OFRENDA FLORAL programada para o 15 e 16 de Maio (dependendo dos cursos), os nenos de Infantil e Primaria realizan a súa oración a María acompañados tamén polas súas familias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario