FELIZ DÍA DA NAI 2012

Mamá é a máis bonita das miles de palabras que diariamente pronunciamos.  A primeira palabra que aprendemos, a primeira imaxe que coñecemos e que levamos para sempre no corazón. Pronunciámola entre bicos, caricias, abrazos, contos, cantos, risas e choros. Dicir mamá é dicir tenrura, proximidade, dedicación, sacrificio, abnegación. A mamá é como un corazón aberto: a primeira que se levanta coma o sol, e a última que se deita. No medio das súas múltiples trasfegas e quefaceres, dáse tempo para rir, para amar, para acompañar, para corrixir, para ensinar, para soñar. A mamá é como unha festa, onde está ela, estase ben, estase seguro, estase tranquilo. Ela é a alegría e a luz do fogar. Cando se ausenta, cando se vai, cando non está, faise baleiro, faise escuridade, debilítase a familia. Non te esquezas nunca de que ela foi e aínda segue sendo o teu anxo.
Vístete de amor, vístete de perdón, vístete de paciencia e de bo humor para ela e que a túa vida lle diga: FELIZ DÍA, MAMÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario