¡¡¡BENVIDOS/AS A ESTE NOVO CURSO 2011-12!!!!
Novo curso. Novas ilusións. Novas metas que alcanzar. O comezo está cheo de incerteza: que pasará?, farei amigos?, aprobarei as materias?, levareime ben cos profes?.

Tamén a desgana e a preguiza despois do tempo de vacacións...  Que lonxe quedan as viaxes, a praia, os amigos, a montaña...!

Pero, a pesar desa desgana, desa morriña polo tempo de vacacións, podemos contar con Xesús, coa súa luz que guiará os nosos pasos, coa súa axuda para non nos desanimar, coa súa forza para empezar o novo curso con alegría, con ilusión, con esperanza.

Todo está preparado para que nos poñamos en marcha..... ¡¡¡¡MOITO ÁNIMO A TODOS, ALUMNOS E ALUMNAS, FAMILIAS, PROFES....!!!
!!!CONTAMOS CONTIGO!!!
PARA APRENDER A VIVIR CON ESPERANZA
PARA SENTIR.
PARA SER LIBRE E SER PERSOAS
PARA PENSAR.
PARA VIVIR CON SENTIDO
PARA ORIENTAR AS NOSAS VIDAS CARA Á FELICIDADE.
PARA TER UNHA VISIÓN POSITIVA DA VIDA
PARA SER SOLIDARIO E COMPARTIR-
PARA SER VALENTES E XUSTOS.
PARA APRENDER A AMAR E PERDOAR.
PARA ACTUAR SEMPRE COA VERDADE E SER AUTÉNTICOS ....
DÁMOSCHE A BENVIDA



No hay comentarios:

Publicar un comentario