QUERIDOS REIS MAGOS

Queridos Reis Magos:
        
            Sinto a tardanza polo meu retraso ao enviar a carta, posto que supoño que sairedes xa desde as vosas casas de Oriente para entegrar os regalos en prazo; pero espero que fagades caso ás miñas peticións, non polo meu bo comportamento durante o ano senón pola sinxeleza aparente destas.


          Non vou a ser materialista pedíndovos unha moto ou unha prenda de roupa..., vouvos pedir o máis sinxelo, pero o que máis faría falta para o ben da humanidade.


             Este regalo é o agasallo máis sincero e o máis doado de facer, que non vos custaría nada a ningún de vós e non sería para min, senón para o resto do mundo; só pido un anaco de amor para todas as persoas.

        É, como vedes, un regalo moi doado, que dúbida cabe! Non custa NADA e faría moito; daríanos tranquilidade fronte ás guerras porque non existirían; daríanos compañia nos momentos difíciles porque non estaríamos sos; daríanos seguridade no momento de ter unha diferenza con alguén, porque pasaría o mellor para os dous; darianos ganas de confiar no mundo, porque un mundo con amor móvese e avanza. Sería unha nova misión do mundo sen conflitos, rivalidades, envexas, tristezas, dolores.  

             Non esquezades que ese regalo non se deixa na árbore senón no corazón de cada un, cun chisco da apócema secreta do amor,  chega. Que teñades unha boa viaxe e un próspero aninovo.

              Con cariño:
                                ALEJO HUELIN DE SANTIAGO, 4º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario