QUEN FOSE REI ESTE DÍA!!!

E ante o REI DE REIS, 
gabar e bendicir a grandeza dun Deus.
Deixar detrás de min, pazos e imperios
tronos e vasalos, dominacións e castelos
para prostrarme ante Aquel que só ten
o amor como amea, 
a pequenez como defensa indefensa e, 
como servos e gardiáns a Xosé e María que
só saben mirar, contemplar e emocionarse ante o Misterio.
Pastores que, sorprendidos por tal mensaxe, 
deixaron terras e gañados e marcharon a adoralo.

QUEN FORA MELCHOR!
E dicirte que, como Rey, mereces xa non só o ouro
senón que todo xeonllo se dobre ante o AMOR.

QUEN FORA GASPAR!
Para perfumar, co incenso, ao que sendo home
é Deus e home á vez
ou que o aroma se esparexese por todos os vales
onde os homes aínda descoñecen a noticia do teu Nacemento.

QUEN FORA BALTASAR!
Para ofrendarte, ademais de como Rei e Deus,
a debilidade do que somos e que Ti compartes: 
a nosa humanidade.

Douche grazas, Señor, 
porque -sen ser rei- vin unha estrela.
Unha estrela que, na noite escura,
invitoume a seguilo, mesmo nas horas amargas,
e, os seus fulgores, falaron ao meu corazón,
espertando os meus sentimentos e a miña curiosidade.

Unha estrela que fixo posible o que eu, home e débil,
próstreme ante Ti coa mesma fe 
e coa mesma emoción daqueles Reis Magos.

Fai Señor, que despois de contemplarte e rezarte
Despois de ofrecerche a miña pobreza
volva ao meu fogar coa firme promesa
de que o teu nome sexa coñecido, amado e publicado
por todos os confíns da terra.
Grazas, Señor! Grazas, o meu Rei! 
(Javier Leoz)

No hay comentarios:

Publicar un comentario