INFANCIA MISIONEIRA 2013


O domingo 27 de Xaneiro é a XORNADA DE INFANCIA MISIONEIRA, e este ano celebramos o 170 ANIVERSARIO da súa fundación.
Ademais, este curso rematamos o ciclo de cinco anos en que fomos achegándonos e coñecendo mellor os nenos dos cinco continentes.

En 2009: "Cos nenos de ASIA... BUSCAMOS a Xesús"
En 2010: "Cos nenos de ÁFRICA... ATOPAMOS a Xesús".
En 2011: "Cos nenos de OCEANÍA... SEGUIMOS a Xesús"
En 2012: "Cos nenos de AMÉRICA... FALAMOS DE Xesús"
E este ano 2013: "Cos nenos de EUROPA... ACOLLEMOS a todos como XESÚS"
"Cos nenos de Europa... É a última estación do percorrido que están a facer os nenos de Infancia Misioneira polos cinco continentes. Foron experiencias formativas e misioneiras. Agora toca unirse a todos os nenos de Europa para "acoller" os doutros continentes como o fixo Xesús. Os nenos non teñen fronteiras no seu corazón e están especialmente abertos a iniciar relacións de amizade con outros nenos, independentemente da cor de pel ou da súa raza. Urxe axudalos a superar calquera barreira que puidese entorpecer a acollida dos que teñan calquera limitación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario