SEMENTADORES DE ESTRELAS... SEMENTADORES DE VIDA


GRUPO DE SEMENTADORES DE ESTRELAS -NADAL 2012-
Sementadores de Estrelas é unha actividade festiva e misioneira do Nadal infantil. En España, nos días previos a Nadal, son máis de cen mil nenos e nenas os que saen a sementar estrelas polas rúas. Non saen a pedir o aguinaldo, senón a regalar estrelas, anunciando que Xesús vive entre nós. É un labor coma o que desempeñaron os anxos na Noiteboa: anunciar, con cantos, que a Luz do Mundo nacera en Belén.


No noso colexio, o pasado 24 de Decembro, un nutrido grupo de alumnos e alumnas participou nesta sementeira tan entrañable. A través deste sinxelo xesto, os nenos fanse misioneiros anunciando a outros nenos, e aos maiores, a alegría de crer, de confiar en Xesús, Fillo de Deus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario