A SANTÍSIMA TRINDADE. Mt 28, 16-20

Xesús preséntasenos, resucitado, en Galilea, na casa. Está vivo! Por fin todo pasou e queda connosco para sempre, cada día, ata o fin do mundo... e iso é moito tempo eh?. 
E é que, con iso, temos moito, por non dicir que o temos todo para o que nos pide: facer discípulos, consagralos ao Pai, ao Fillo e ao Espírito Santo, e ensinar a cumprir o que nos mandou. 
Abondaría recordar como constante, como "mantra", estas palabras: "Eu estou convosco, todos os días, ata o fin do mundo," para que nos cambiase a cara e a vida!, para andar serenos, confiados, arroupados. Para contaxiar, para encomendarnos e encomendar aos demais ao Pai e ao Fillo e ao Espírito... 
E probablemente entón todo o mundo querería achegarse, coñecer "o que El nos mandou e aprender a cumprilo, porque verían que iso é o que nos fai felices...o que fai feliz. Parece doado eh?... Pois creo que nos resulta máis doado complicalo todo un pouco máis. Confiemos e recordemos que "El está connosco, todos os días, ata o fin do mundo"

No hay comentarios:

Publicar un comentario