5 XUÑO. DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIEMTE

O Día Mundial do Medio é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio e promover a atención e acción política ao respecto. Os obxectivos son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
Xa no século XIII San Francisco de Asís compuxo O Cántico das Criaturas, tamén coñecido como Cántico do Irmán Sol como unha loanza a todas as criaturas terreais así como ás forza da Natureza e agradece ao Creador por outras criaturas coma o "Irmán Lume", a "Irmá Auga", a "Irmá Terra" e todas as criaturas do mundo. Mostraba así a súa crenza que todo o creado era obra divina e que todos os seres debían tratarse como "irmáns" e "irmás". 

No hay comentarios:

Publicar un comentario