CORPUS CHRISTI: O PAN E O CORPO DE XESÚS

Un domingo máis, Xesús insiste en recordarnos que está connosco para sempre, cada día, cando queiramos. E faino, nin máis nin menos, instituíndo a Eucaristía, rodeado dos seus amigos, xente normal, coma ti e coma min (nin máis nin menos ricos, nin máis nin menos influentes, nin máis nin menos famosos). E faino convertendo no seu Corpo e Sangue, o pan e o viño. O pan e o viño que todos temos na mesa (o de todos os días) Vamos, que unha vez máis Xesús nolo pon doado: "Contade comigo, acompáñovos, quedo convosco en Carne e Sangue, en Corpo e Alma, consagrados nun cotián anaco de pan e nunha copiña de viño, partido e compartidos con todos os que queiran,". E sendo tan sinxelos, tan cotiáns, son un pan e un viño que sacian de verdade. Pero de verdade da boa. Non saciedade da fame da que picamos algo e se pasa, e que ao anaco volve. Senón saciedade da que enche e ensancha a alma, a vida, a existencia. O que acontece é que nos despistamos e nos enchemos de "calorías baleiras" e non nos decatamos...Pois iso, fagamos espazo, fame, para aproveitar ao que de verdade sacia, que tan gratuíto se nos dá; e en Él e con Él amemos, e sexamos felices, como Él nos ensina.
PARA A REFLEXIÓN

VER
Unha persoa regalou a outra unha caixa de bombóns, de importación, feitos con distintas variedades de chocolate. A persoa que recibiu o regalo agradeceuno, colleu un dos bombóns e zampouno dun bocado. A outra persoa, medio en broma, protestou porque lle dixo que eses bombóns tan exquisitos eran para degustalos máis devagar, para poder apreciar verdadeiramente o seu sabor e gozalos, e que para que os comese así, outra vez lle regalaría bombóns "normais", xa que non valoraba debidamente o que estaba a comer.

XULGAR
Hoxe estamos a celebrar a solemnidade do Corpo e o Sangue de Cristo. Estamos a celebrar o regalo exquisito que o Señor nos fixo: El mesmo regálasenos como alimento. Hoxe é un día para que reflexionemos se realmente sabemos apreciar e degustar este regalo, ou nolo zampamos dun bocado", sen valorar nin agradecer debidamente o que recibimos.

Todos os preliminares e preparativos tiñan como obxectivo levar os seus discípulos a acoller este regalo e aprecialo, degustalo e afondar no seu sentido e repercusións para nós,
Por iso Xesús mandounos perpetuar esta ofrenda en conmemoración súa, por iso reunímonos en torno á mesa deste sacramento admirable, para que sempre poidamos degustar o seu Corpo e o seu Sangue, e así poidamos posuír a vida celestial.


ACTUAR
Esta solemnidade do Corpo e o Sangue de Cristo invítanos a reflexionar: sabemos apreciar este regalo que recibimos, ou non son consciente de A QUEN estou a recibir? Cando acudo á celebración da Eucaristía, vou con ánimo de "degustala, ou de "zamparma dun bocado", desexando que remate o máis pronto posible? Aprecio o coidado do templo, procuro que sexa un espazo sinxelo pero digno? Créase e axudo a crear un ambiente axeitado, coido o silencio, a participación nas oracións e cantos, ou dáme igual? Entendo os xestos, palabras e símbolos que forman parte da celebración da Eucaristía? Axúdanme a centrar a miña atención e dispoñerme a recibir sacramentalmente o Corpo e o Sangue de Cristo? Agradezo este regalo? Como repercute isto despois na miña vida cotiá, nótaseme que estou ben alimentado?
Estas preguntas pódennos suxerir compromisos, tanto individuais coma comunitarios, que nos axuden a agradecer, apreciar e degustar cada vez máis o regalo que Cristo fainos cada vez que nos reunimos para celebrar a Eucaristía.

 XESTOS DE AMOR FRATERNO

Cear cos amigos, abrirlles o corazón sen medo, 
lavarlles os pés con mimo e respecto, 
facerse pan tenro compartido e viño novo bebido. 
Embriagarse de Deus, e invitar a todos a facer o mesmo.

Traballar pola xustiza, empeñarse nunha paz duradeira, 

dicir "non" ás armas, desvivirse en proxectos solidarios, 
reducir as nosas contas e carteiras, superar as esmolas. 
Amar ata o extremo, e invitar a todos a facer o mesmo.
Realizar o traballo debidamente. 
Non defraudar a Facenda. 
Respectar a dignidade de todos. 
Defender os Dereitos Humanos. 
Romper fronteiras e guetos. 
Dubidar de fortunas e privilexios. 
Amar como Élnos ama, 
e invitar a todos a facer o mesmo.
Un xesto só, un só desborda o teu amor, 
que se nos ofrece como manancial de vida. 
Se nos deixamos alcanzar e lavar, todos quedamos limpos, 
como nenos recén bañados, para descansar no teu regazo. 
Lávame, Señor! Lávanos, Señor!
(F.Ulibarri; “Al viento del Espíritu”; Ed Verbo Divino, pp.353-354) 

No hay comentarios:

Publicar un comentario