SEMENTADORES DE ESTRELAS 2011



Neste tempo de Nadal, os nenos do CPR La Inmaculada de Marín teñen unha misión preciosa: encher de estrelas as rúas de Marín e desexar un Feliz Nadal. Só piden un sorriso, nada máis. Son os grandes sementadores de paz nos que debemos mirarnos os maiores e aprender a crer como eles cren e a amar como eles o fan.
Iso é o que un grupo de nenos de JMV (Xuventudes Marianas Vicencianas) e outros alumnos do CPR La Inmaculada, acompañados polas catequistas, viviron o xoves 22 de decembro: saíron polas rúas de Marín repartindo estrelas e sorrisos, cantaron vilancicos e foron ao comedor benéfico a felicitar as festas do Nadal aos que alí acoden a recibir un prato de comida quente. Saír polas rúas a ser "Sementadores de Estrelas" anima os nenos e nenas a vivir a alegría do nacemento de Xesús e a gratitude por ter unha familia que os quere e coida, móveos a transmitir aos demais esa mensaxe de amor, co desexo de construír entre todos un mundo onde reine a paz.
Grazas por sementar as rúas de Marín de estreliñas e sorrisos, felicitando o Nadal e anunciando a todos que XESÚS NACE NO CORAZÓN DE CADA PERSOA QUE O QUEIRA ACOLLER.
FOTOS_SEMENTADORES_DE_ESTRELAS2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario