CELEBRAMOS O NADAL

Coa alegría que a ocasión merece, no noso colexio preparamos patios, corredores e aulas para recibir ao Neno Deus.

Axeitado a cada idade, dende Infantil ata o último curso de Primaria abordamos o Advento, tanto a súa dimensión relixiosa coma a social, tendo en conta as ensinanzas de San Vicente de Paúl de asistencia aos máis desfavorecidos. Por iso desenvólvese a Campaña de Nadal "OPERACIÓN QUILO" na que alumnos e profesores colaboran solidariamente con alimentos para que en Nadal, momento de dar e agradecer, compartamos cos demais e deamos grazas polo que temos. Tamén como vicencianos e desenvolvendo a nota misioneira que caracteriza a JMV percorrimos as rúas de Marín cantando vilancicos e anunciando a chegada de Xesús ara todos, visitamos o comedor benéfico e  palpamos as necesidades de Marín na nosa tradicional xornada de "SEMENTADORES DE ESTRELAS"


 
Un ano máis, entre os actos de Nadal, hai que destacar os Festivais de Nadal que dende Infantil a ESO,  puidemos disfrutar toda a comunidade escolar, pais, avós, alumnado, profesores; pasamos un bo intre coas actuacións de Nadal que cada curso preparou. Ademais, todos quixemos referirnos a ese Nadal de verdade, que aconteceu co nacemento do Neno Xesús en Belén.
Podedes ver as fotografías dos diferntes festivais premendo nos enlaces correspondentes ou accedendo ás seccións oportunas de fotos:

No hay comentarios:

Publicar un comentario