OPERACIÓN QUILO 2011

DESCOBRE QUE O DEUS DO NADAL... É O DEUS SOLIDARIO
REVISA A TÚA VIDA CONSUMISTA
Unha pequena reflexión sobre como PREPARAR a vinda de Xesús. Eu como, ti comes ... ¿Eles comen? 
“DÁDELLES VÓS DE COMER” (Mc 6,37; Lc,9,13)
 Deus feito neno é quen nos pide ter un corazón grande, solidario e xeneroso para todos.



Testemuño dun misioneiro: "Cando visito eses barrios, e percorro os campos, e navego polos ríos... contemplo a pobreza de Belén en tantos campesiños sufocados por unhas cargas demasiado pesadas, por unhas estruturas socio-económicas que en nada favorecen o melloramento das súas vidas e das súas familias; irmáns nosos, tantos séculos sumidos no esquecemento e ata no desprezo, que buscan ansiosamente camiños de superación e de recoñecemento... e non llelos deixan chegar.
Non é necesario marchar á afastada cova de Belén, Aquí encontro o auténtico Nadal nun Neno Xesús real; en tantos nenos desnutridos que, con dificultade, logran sobrevivir a unha mortalidade infantil moi elevada; en tantas mulleres pisadas por un machismo discriminador; en tantos campesiños con tan escasos recursos que non teñen acceso aos hospitais, nin ás consultas médicas, nin aos medicamentos...

Iso que vos conto foi o meu Nadal nos meus 40 anos vividos no Benin; achegarme a eses beléns viventes e vivir, con eles e neles, o misterio marabilloso dun Neno Deus nacido pobre para salvarnos a todos. E dende estes Beléns viventes do Benin escríbovos hoxe esta felicitación de Nadal. Unha felicitación do Nadal cálida, real, viva... sen turróns, nin mazapáns, nin champaña... pero con toda a autenticidade do primeiro misterio de Belén que naceu na pobreza e no amor; como estes Beléns viventes que me rodean por todas partes.
Queridos amigos, visitade os Beléns dos vosos pobos, dos vosos fogares, das vosas parroquias. Pero non se vos esquezan estes Beléns viventes onde a choza non é cortiza ou de cartón, senón real; e tamén son reais uns nenos desnutridos e uns pais que viven toda a pobreza do primeiro Belén da historia.

Con todos eles, con toda a súa pobreza e inmensa sinxeleza, deséxovos de todo corazón: BO NADAL!"


No hay comentarios:

Publicar un comentario