NON HAI XUSTIZA SEN IGUALDADE: MANS UNIDAS 2013



JORGE LÓPEZ OTERO, 1º ESO A

Marta Machaín é unha misioneira de Paraguay. Alí ten unha ONG chamada "Celestina Pérez de Almada", fundada en 1990. Manos Unidas colabora con ela. Esa fundación intenta mellorar os  temas de:

. Educación alternativa, xa que vai contra a pobreza. Intenta o desenvolvemento humano sostible.

. Enexía solar: intenta achergar a tecnoloxía e os avances ás persoas de zonas rurais ou indíxenas.
Aos que máis intentan axudar é aos nenos e ás nenas porque no seu país no se lles valora moito, e ás mulleres porque sofren exclusión,discriminación e unha inadecuada protección.
Nese país hai un 54´8% de pobreza, un 30´7% de extrema pobreza e só un 62% da poboación ten acceso á saúde.
En Paraguay ensinan ás mulleres os seus dereitos e a súa dignidade como persoas. Intentan que elas se sintan iguais que calquera outra persoa de calquera etnia, raza, sexo...
Grazas a esa fundación e Mans Unidas 70 familias teñen auga potable.
Fan cursos de agricultura, alí  ensinan a plantar sementes e despois danlle algunhas para que eles as sembren.
Por exemplo, no pobo de Toro Blanco hai unha hectárea onde hai plantas, peixes en catividade, plantas medicinais, etc. Eles favorecen que teñan animais.
Alí, cando os nenos acaban os estudos primarios, teñen que ir sós á cidade e grazas á fundación na que Marta colabora, aos que non queren ir conséguenlle un traballo no pobo, por exemplo nun alamacén facendo as contas...
No pobo de Toro Blanco, entre outros, fan mercados semanais solidarios e axúdanse mutuamente. Un dos seus obxectivos é a alfabetización bilingüe (guararí-castelán) e a educación. Fan a saúde primaria nos pobos pequenos : vacinas...

Eu quedo con dúas frases que dixo Marta:
Colaborar non é só co diñeiro senón tamén có corazón.
. A pinga abre a pedra, non pola súa forza senón pola súa constancia.








1 comentario: