Na nosa Provincia de Xixón, o día de hoxe, 18 de febreiro, ten un significado especial porque as irmás comezaron o seu labor misioneiro en Guinea Ecuatorial. Na actualidade temos dúas comunidades alí implantadas, é o lugar onde está a maior cantidade de bolsas de estudo. Queremos ter presente na nosa oración ás Fillas da Caridade e misioneiros que viven na Comunidade de Mokom e a Comunidade de Mikomesegn onde comparten a súa vida cos máis empobrecidos, as súas esperanzas, os seus retos e ilusións.
DEPARTAMENTO DE PASTORAL COLEXIO LA INMACULADA (MARÍN) Nun mundo cheo de interrogantes e de crise e porque estamos chamados a vivir de acordo con aquilo que cremos, queremos anunciar, de modo renovado, a novidade transformadora da Boa Nova de Xesús a toda a comunidade educativa, dende o carisma vicenciano, coma proxecto de vida persoal e comunitario, e coma un compromiso pola xustiza e cos máis pobres.
18 FEBREIRO: DÍA DE GUINEA
Etiquetas:
misión,
Reflexións vídeos,
solidariedade,
VÍDEOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario