COCIÑEIROS POR UNHA BOA CAUSA

A cociña dos avós de Álvaro e Antía era, o domingo pola tarde, todo un espectáculo. Nela, déronse cita cociñeiros de 1º ESO por unha boa causa:colaborar coa campaña de Mans Unidas "Sen igualdade non hai xustiza"
Compañeirismo, risas, bromas e ata algún 'pique' mentres se elaboraban as delicias que, o luns puideron degustar os alumnos de ESO e Primaria.
A eles uníronse outros fantásticos chefs de 1º de ESO que nos deleitaron cos seus doces. E seguiremos toda a semana. 
É unha contradición, certo,; nós comemos máis ca calquera outra semana nesta que se supón que recordamos á xente que pasa fame no mundo. Pero esperemos que nos sirva para decatarnos da sorte que temos de poder disfrutar da vida que temos. 
Cal é, pois, o noso xaxún? Intentemos, xa que non nos imos privar de comida nestes días, reflexionar e pensar no que podemos facer, de cal vai ser o noso gran de area, a nosa "pinga de auga" para intentar que realmente haxa xustiza no mundo



1 comentario: