CORESMA 2013: CELEBRACIÓN CINZA_AUGA

Cando se impón a cinza, realízase marcando o sinal da cruz. Durante as cinco semanas que dura a Coresma, imos tratar cinco actitudes negativas que nos restan, que nos quitan, que nos fan perder. Actitudes como poden ser a apatía, a violencia, o egoísmo, o exceso de ruído ou a falta de compañeirismo.
Ao recibir a imposición da cinza imos pensar no negativo que nos baleira, que nos dana, que nos afasta de Deus e imos transformalo mediante a cinza en algo positivo, o algo que suma que engade, que transforma o negativo en positivo.
Xesús a través destes símbolos, xestos, celebracións, faise presente nas nosas vidas para axudarnos a ser mellores e polo tanto máis felices. 
E simbólico é tamén o uso da auga que purifica, que limpa, que insta á conversión e á transformación. Isto é o que tratamos de mostrar aos máis cativos do cole, nunha linguaxe que eles entenderan.

FOTOS CELEBRACIÓN CORESMA 2013: IMPOSICIÓN CINZA E RITO DA AUGA
(PARA VISUALIZALAS TODAS, PREME NO ENLACE ANTERIOR)







No hay comentarios:

Publicar un comentario