SEMENTADORES DE ESTRELAS


VEÑA, ANIMÁDEVOS TODOS A SEMENTAR ESTRELAS!


As estrelas simbolizan a felicitación agradecida que os nosos nenos misioneiros queren transmitir a todo o pobo de Marín

Estamos afeitos a que nos pidan diñeiro, co peto dos diferentes movementos solidarios, e ás veces cústanos aceptar que nos poñan na lapela unha pequena estrela. Algúns sorrín sorprendidos e queren dar algo; a sorpresa é maior ao dicirlles que é un xesto gratuíto.



Por iso, nenos, mozos, catequistas e profesores de JMV do Colexio La Inmaculada reunirémonos o vindeiro 24 de decembro, ás 12 da mañáTras a oración de envío na capela, sairemos ás rúas de Marín e felicitaremos o Nadal a todas as persoas que atopemos ao noso paso, para recordarlles o verdadeiro sentido do Nadal e anunciar que XESÚS NACE.   

Remataremos no Comedor Benéfico, onde cantaremos uns vilancicos para felicitar a todos aqueles que non teñen a mesma sorte ca nós e para anunciarlles que Xesús tamén nace para eles.

Estades todos invitados a participar, nenos e non tan nenos, de 0 a 100 anos. (Se alguén vén dentro da súa mamá ou se anima a participar con máis de 100, darémoslle unha especial acollida) ... Os que esteades a esas horas polas inmediacións da alameda, xa nos oiredes (e ben!!!!!). BO NADAL

No hay comentarios:

Publicar un comentario