FELIZ ANO 2013


ORACIÓN DO ANO NOVO


Grazas señor por todo canto me deches no ano que remata.
Grazas polos días de sol e os anubrados, polas tardes tranquilas e as noites escuras.
Grazas polo que nos prestaches e logo nos pediches.
Grazas, Señor, polo sorriso amable e pola man amiga, polo amor e todo o fermoso, por todo o doce, polas flores e as estrelas, pola existencia dos nenos e das persoas boas.
Grazas pola soidade e polo traballo, polas inquedanzas e as dificultades, polas bágoas, por todo o que nos achega a ti.
Grazas por conservarnos a vida, por darnos teito, abrigo e sustento.
Que nos traerá o ano que comeza?
O que quieras, Señor, pero pedímosche:

FE para mirarte en todo.
ESPERANZA para non desfalecer.
CARIDADE para amarte cada vez máis e facerte amar polos que nos rodean.
Dános paciencia, humildade, desprendemento e xenerosidade.
Dános, Señor, o que Ti sabes que nos convén e non sabemos pedir.
Que teñamos un corazón alerta, o oído atento, as mans e a mente activos e que nos achemos sempre dispostos a facer a túa vontade.
Derrama Señor a túa graza sobre todos os que amamos e concede a túa paz ao mundo enteiro.
Así sexa....


No hay comentarios:

Publicar un comentario