NADAL É COMPARTIR

Xa soan as campás que anuncian a chegada do Nadal. Os escaparates do noso pobo xa hai tempo que o veñen anunciando facéndonos esquecer por momentos cal é o verdadeiro sentido destas festas e incitándonos a somerxernos na roda do consumo e non na interioridade que é o propio deste tempo de Advento para preparar o berce do Neno que vén e que ha de nacer arropado no calor dos nos nosos corazóns. As rúas xa están engalanadas coas súas luces, facéndonos esquecer tamén a cantos teñen nelas a súa morada e ata os grupos de música de moda (Coldplay por exemplo) sacan á venda os seus "singles" de vilancicos de Nadal baleiros de significado pero repletos de expectativas de éxito comercial...

E nós, coma outros anos, no noso colexio queremos que sexa un momento especial. Gustaríanos que entre todos puideramos dar un sentido máis auténtico ao Nadal, un significado máis profundo e transcendente a este tempo no que a Vida se fai Persoa; á vez que inspirarnos no valor de compartir dende a solidariedade. Queremos invitarvos a participar, xunto aos vosos fillos, nas seguintes actividades:

. "OPERACIÓN QUILO", que consiste na recollida de alimentos non perecedoiros e incluso produtos de hixiene entre toda a comunidade educativa (profesores, alumnos, pais, familiares, amigos, etc...) ao longo da semana do 9 ao 17 de decembro na súa aula correspondente. Para colaborar, podedes facer chegar as vosas aportacións a través dos vosos fillos. As necesidades que nos trasmiten son, entre outras, as seguintes: legumes, aceite, conservas, leite, galletas, cacao,

Como en anos anteriores, a través desta iniciativa colaboramos co COMEDOR BENÉFICO, que se encarga da atención a colectivos e familias desfavorecidas de Marín.

Outras actividades que van ter lugar no marco do Nadal son:
. CONCURSO DE DEBUXOS DE NADAL, promovido polo ANPAS e no que participan alumnos do centro.
. FESTIVAIS DE NADAL: Infantil (Venres 17 pola tade) -  ESO (Luns 20 pola tarde) - Primaria (Día 21).
. CONCERTO DE NADAL da Banda de música da ENM (Luns 20 pola mañá)
. VISITA REAL: Os Reis Magos visitarannos na mañá do día 22.

Confiamos en que o traballo solidario, o respecto e a busca da xustiza inspiren o noso camiñar cara ao Nadal e cara ao esperado nacemento do Redentor. Agradecemos a vosa colaboración, esforzo e traballo.
¡¡¡¡FELICES FESTAS!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario