TRABALLAMOS O DOMUND 2011.... ¿COMPROMETÉMONOS?



 "Coma o Pai me enviou, así tamén vos envío eu" (Xn 20,21)

O mes de Outubro, xunto ao comezo do curso, tráenos o recordo da misión como elemento esencial do cristianismo. Outubro é un mes misioneiro, sobre todo, porque nel celebramos o Domund, a xornada mundial da misións.


Co gallo da celebración do Domingo Mundial polas Misións o día 23 de outubro, durante esta semana traballamos no colexio, nas distintas etapas educativas, a campaña do DOMUND.
Os alumnos de Infantil e 1º ciclo de Primaria fixeron a súa reflexión a partir do conto "Ovelliña, dáme la". Tamén anomaron aos pais a participar na campaña traballando cos nenos na casa a través de imaxes que despois trouxeron ao cole.
Os alumnos de 2º ciclo de Primaria e ESO tivemos a sorte de contar cun misioneiro cheo de vitalidade e optimismo, que deu testemuño do seu labor, D. Gabriel Vecino Tomás - Delegado Diocesano de Santiago de Compostela das Obras Misionais Pontificias, quen desde a ilusión e alegría de compartir a misión, ofreceunos as claves para converternos en verdadeiros misioneiros.
Agora falta o seguinte: comprometernos na Misión de sermos misioneiros e anunciar a Xesús. 

Rosario Misioneiro que realizaron os membros de JMV





No hay comentarios:

Publicar un comentario