JMV. CONVIVENCIA INICIO CURSO

Co lema deste novo curso 2011-2012, "¡¡¡GRITEMOS LA GRAN VERDAD!!!, iniciamos a nosa andadura, un ano máis, cunha convivencia que compartimos JMV de Marín (Inmaculada e San Narciso). 
A nosa asociación non quere ser unha actividade extraescolar máis dentro do plan de colexio; queremos facer da nosa asociación JMV, unha parte esencial para o desenvolvemento completo da persoa.
- JMV é FORMACION xunto co grupo e coa orientación do catequista. 
- JMV é ENCONTRO coa que establecer uns grandes de lazos de AMIZADE.
- JMV é un espazo onde compartir a FE e a oración
- JMV é OCIO Y DIVERSIÓN, terás moitas oportunidades para gozar e divertirse cos amigos.
- JMV é MISION, VOLUNTARIADO e SERVIZO ao estilo de Vicente de Paúl e de Luisa de Marillac: non permanecemos indiferentes ante as inxustizas deste mundo.
Comezamos a convivencia cunha oración na que presentamos ante Xesús as nosas ganas de seguir o seu camiño; presentamos tamén o lema deste curso e o que sería o traballo da mañá: 4º e 5º tratarían de descubrir por que e para que formamos parte de JMV, que significa para cada un de nós e a que nos compromete. 6º de Primaria e toda a ESO traballarían por grupos as notas distintivas da nosa asociación: misioneira, laical, mariana, eclesial e vicenciana. E todo dunha maneira moi plástica e amena. 

Ao finalizar, puxemos en común, por grupos, todo o traballado. E finalizamos a mañá con danzas e bailes. Despois do merecido xantar continuou o tempo de lecer con xogos divertidos.
Finalizamos a xornada de convivencia reunidos no salón de actos para facer repaso dos momentos vividos en JMV o pasado de curso e cunha reflexión final como acción de grazas polo estupendo día disfrutado.
.... E aquí seguiremos, berrando a gran verdade!!!! Disfrutade dun bo curso. Ánimo!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario