DEPARTAMENTO DE PASTORAL COLEXIO LA INMACULADA (MARÍN) Nun mundo cheo de interrogantes e de crise e porque estamos chamados a vivir de acordo con aquilo que cremos, queremos anunciar, de modo renovado, a novidade transformadora da Boa Nova de Xesús a toda a comunidade educativa, dende o carisma vicenciano, coma proxecto de vida persoal e comunitario, e coma un compromiso pola xustiza e cos máis pobres.
DOMUND 2011 .... SOMOS ENVIADOS
DOMUND: Obra Pontificia da Propagación da Fe
Que é o DOMUND?
O DOmingo MUNDial das Misións é o día en que toda a Igrexa universal reza e colabora
economicamente a favor da actividade evanxelizadora dos misioneiros e misioneiras.
Por que o DOMUND?
Os chamados "territorios de misión" non dispoñen de persoas nin de recursos económicos para o seu labor evanxelizador. Mediante o DOMUND, a Igrexa trata de cubrir estas carencias e axudar aos máis desfavorecidos a través dos misioneiros.
Chega aos misioneiros todo o diñeiro?
O donativo que cada fiel entrega para as misións é recollido na Dirección Nacional de OMP é enviado aos territorios de misión. Só se permite utilizar un máximo do 10% para a administración destes bens e para a animación misioneira das comunidades cristiás.
Como podemos colaborar?
Ademais do donativo con motivo da Xornada do DOMUND, podemos domiciliar as nosas aportacións
periódicas, utilizar a tarxeta VISA-DOMUND ou realizar transferencias por Internet (www.domund.org).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario