INFANCIA MISIONEIRA 2014


A Obra de Infancia Misioneira é unha institución da Igrexa universal que promove a axuda recíproca entre os nenos do mundo. Miles de pequenos dos cinco continentes participan nesta Obra Pontificia, que ten como lema "Os nenos axudan os nenos".
A Obra da Infancia Misioneira constitúe "unha verdadeira rede de solidariedade humana e espiritual entre os nenos dos antigos e novos continentes" (Xoán Paulo II). Coa súa oración e a súa colaboración económica os nenos poñen o seu gran de area para transformar o mundo coa mensaxe alegre e esperanzadora do Evanxeo e experimentan o que é ser "pequenos misioneiros".

En España, a Xornada de Infancia Misioneira celebrarase o próximo domingo 26 de xaneiro, como culmen das actividades que os nenos misioneiros realizaron ao longo de todo o ano -Sementadores de Estrelas, festivais da Canción Misioneira...

A revolución de Jeferson non é unha historia nin un documental, e menos aínda un xogo no patio do colexio... É simplemente a posta en escena de como os máis pequenos son capaces de pasar da curiosidade ao interese, de compartir a doazón de si mesmos; en definitiva, de como chegan a transformarse en pequenos misioneiros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario