19 XANEIRO, XORNADA MUNDIAL DAS MIGRACIÓNS

Cen anos ao servizo das migracións

No ano 1914, durante o pontificado de Benedicto XV, tivo lugar a primeira Xornada Mundial de Migracións. Precisamente, nesta ocasión, e para celebrar o centenario, a Conferencia Episcopal Española quixo presentar a Xornada de xeito especial.


Os bispos españois subliñan na súa mensaxe que o Papa Francisco "vai diante e nos estimula no noso empeño, non só coas súas palabras senón co testemuño da súa vida" e fan referencia a que unha das súas primeiras saídas foi á Isla de Lampedusa "a icona máis expresiva da reiterada traxedia de tantos inmigrantes que deixan a súa vida no mar ou nos camiños". Así mesmo recordan tamén outros lugares, que saben tamén desas traxedias, como o Deserto doSahara, Arizona e, en particular, as costas do Sur de España.

Necesítase -en palabras do Papa, que aparecen ao final do vídeo- o paso dunha actitude defensiva e receosa, de desinterese ou de marxinación, -que, ao final, corresponde á cultura do rexeitamento- a unha actitude que poña como fundamento a cultura do encontro, a única capaz de construír un mundo máis xusto e fraterno, un mundo mellor".

No hay comentarios:

Publicar un comentario