CHARLA CON SOR ELVIRA E SOR CELSA

Enmarcada nas actividades programadas co gallo da Semana Vocación-Misión, quedounos pendente a charla con Sor Elvira e Sor Celsa, que cumpren o seu labor cooperando con Cáritas e o Comedor Benéfico, respectivamente. 
Elas estiveron con todos os alumnos do centro, desde Infantil ata a ESO comentando a súa tarefa e respondendo ás preguntas que lles formulaban os alumnos, relativas á súa vocación, ás súas dificultades nos seus respectivos destinos, ao que máis lles gusta do seu traballo,.... Entre outras respostas, ambas coincidiron en que o mellor regalo para elas era, ao igual que para San Vicente, socorrer ao pobre, saber que o que facían era bo para alguén, ver o sorriso e a gratitude de quen é axudado e saber que neles está Xesús.
Para nós foi un gran regalo a súa visita e as súas palabras, ver a Sor Celsa tan ilusionada co seu traballo no Comedor, sempre tan doce e cercana a todos; e ver a Sor Elvira, cos seus "oitentaemoitos" semptre tan vital e dispoñible... Que dicir? Oxalá algún día todos fajamos o ben coa fe e o cariño que ellas mostran no seu bo facer diario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario