SEMANA VOCACIÓN-MISIÓN

Un pouco máis tarde do que tiñamos previsto na programación de inicio de curso, nestes días de fin de maio e inicio de xuño, celebramos a nosa SEMANA VOCACIÓN-MISIÓN baixo o lema CHÁMOTE A TI. SÍGUEME!!!!
E como actividade complementaria ás catequeses e titorías de cada curso, programamos o visionado da película-documental "LA ÚLTIMA CIMA"  unha longametraxe documental sobre Pablo Domínguez, sacerdote madrileño que faleceu en febrero de 2009 nun accidente, ao descender o cume do Moncayo. Tiña 42 años. LA ÚLTIMA CIMA amosa un tipo de sacerdote do que ninguén fala: sacerdotes xenerosos, alegres, serviciais, humildes… Sacerdotes anónimos que serven a Dios, servindo aos demais.

 E para crear ambiente, un invitado de excepción, VÍCTOR, o que fora párroco de Marín hai 8 anos, veu visitarnos ao cole e dirixiuse a todos para falarnos da súa vocación e dos seus proxectos, insistíndonos na idea de que non deixemos de crer en Deus; El sempre está connosco para acompañarnos, para levarnos no colo cando estamos cansos da viaxe. Del son as pegadas que vemos na area, son os seus brazos os que nos transportan. E agora pídenos que sexamos nós os seus brazos e os seus pés para construír un mundo mellor. Grazas, Víctor, por ser testemuña e animarnos a nós nesta misión, na construción do Reino, o gran proxecto de Xesús. 
Trailer Película "La última cima"

Trailer 2 - Película "La última cima"

Inicio Película "La última cima"

TESTEMUÑOS no preestreno de LA ÚLTIMA CIMA

No hay comentarios:

Publicar un comentario