JMV - MARCHA MARIANA 2011

... Un camiño e unha festa

Baixo o lema "Con María, mergullados en Cristo", o sábado 14 de maio celebramos en Oleiros a MARCHA MARIANA de JMV- GALICIA
Trátase dunha cita de oración, de convivencia, xogos... pero, sobre todo festiva, promovida por JMV (Juventudes Marianas Vicencianas), na que María é o centro do noso camiñar.
Se todos somos colaboradores de Deus, hai alguén que nos dá exemplo e nos acompaña no camiño: María, nai de Deus e nosa nai, a gran colaboradora de Deus, porque ela mesma nos deu a Xesús.
Esa xornada é un pouco, como a nosa vida. Un camiño con momentos bos e malos (hai  pendentes, toxos, pasamos necesidade -fame, sede, cansazo.....); con esforzo e disfrute; con compañía.. e con momentos de reflexión, .... Pero, en definitiva, unha xornada festiva acompañados de María.
Aquí tedes unha mostra dos bos momentos vividos. Tede paciencia, son moitas fotos...
Oración, presentación, Eucaristía

Traballo de grupo no dolmen de Axeitos

Camiñando

Xogos

No hay comentarios:

Publicar un comentario