Xn 15, 5-12.17-18: Abrahán creu ao Señor.
Flp 3, 17-4, 1: El transformará a nosa condición humana, segundo o modelo da súa condición gloriosa.
Lc 9, 28b-36: Naquel tempo, Xesús levou a Pedro, a Xoán e a Santiago ao alto dunha montaña, para orar. E mentres oraba, o aspecto do seu rostro cambiou, os seus vestidos brillaban de brancos.
O relato da "Transfiguración de Xesús" foi desde o comezo moi popular entre os seus seguidores. Non é un episodio máis. A escena, recreada con diversos recursos de carácter simbólico, é grandiosa.
Os evanxelistas presentan a Xesús co rostro resplandeciente mentres conversa con Moisés e Elías.
O tres discípulos que o acompañaron até o cume da montaña quedan sobrecogidos. Non saben que pensar de todo aquilo. O misterio que envolve a Jesús é demasiado grande. Marcos di que estaban asustados.
A escena culmina de forma estraña: «Formouse unha nube que os cubriu e saíu da nube unha voz: Este é o meu Fillo amado. Escoitádeo». O movemento de Xesús naceu escoitando a súa chamada. A súa Palabra, recollida máis tarde en catro pequenos escritos, foi procreando novos seguidores. A Igrexa vive escoitando o seu Evanxeo.
Esta mensaxe de Xesús, atopa hoxe moitos obstáculos para chegar até os homes e mulleres do noso tempo. Ao abandonar a práctica relixiosa, moitos deixaron de escoitalo para sempre. Xa non ouvirán falar de Jesús se non é de forma casual ou distraída.
Tampouco quen se achegan ás nosas comunidades cristiás poden apreciar facilmente a Palabra de Xesús. A súa mensaxe pérdese entre outras prácticas, costumes e doutrinas. É difícil captar a súa importancia decisiva. A forza liberadora do seu Evanxeo queda ás veces bloqueada por linguaxes e comentarios alleos ao seu espírito.
Con todo, tamén hoxe, o único decisivo que podemos ofrecer os cristiáns á sociedade moderna é a Boa Noticia proclamada por Xesús, e o seu proxecto dunha vida máis sa e digna. Non podemos seguir retendo a forza humanizadora do seu Evanxeo.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiSMvu_tKK2hrFLgQZkZkhsgOnhe8kfulULoSiR16S4PhgdHJWxd-dG3MDpnxDgwAVCTSPjMG4Zhjj7rWBbrk1tZZaIRhgmRp0TsA5KbpDmCIdodsJP0256cV4Oak5hyUBp_ScoyF5IFrE/s1600/CUC2-13_cl.jpg)
Habemos de aprender a ler xuntos o Evanxeo. Familiarizarnos cos relatos evangélicos. Pornos en contacto directo e inmediato coa Boa Noticia de Xesús. Nisto habemos de gastar as enerxías. De aquí empezará a renovación que necesita hoxe a Igrexa.
Cando a institución eclesiástica vai perdendo o poder de atracción que tivo durante séculos, habemos de descubrir a atracción que ten Xesús, o Fillo amado de Deus, para quen buscan verdade e vida. Dentro de poucos anos, darémonos conta de que todo nos está empuxando a pór con máis fidelidade a súa Boa Noticia no centro do cristianismo.
Nesta segunda semana, despois de recibir a invitación a escoitar e escoitarnos, a Palabra convídanos a buscar. Hai que buscar. Buscar con profundidade. Buscar con sentido. Adoptar como actitude vital a procura, o non quedarnos contentos co que temos e en como están as cousas. Non debemos caer na tentación de Pedro e dicir "que ben se está aquí" ou "como a min iso non me toca!" porque aos crentes nada do que acontece nos é alleo, nada.
Esta segunda semana somos convidados a buscar, dentro e fóra de nós, para outros e para nós, atoparnos e deixarnos atopar polos outros e polo Outro con maiúsculas que sempre está a nos esperar, que non se cansa de saír ao noso encontro, que non se esgota de atoparnos demasiadas veces conformes e conformistas co que vemos, vivimos e perpetuamos. Busquemos, transfigurémonos!
Para o meu traballo persoal:
- Despois de ler as lecturas deste segundo domingo de Coresma, que din? Que me din? Que din de min?
- Se boto unha ollada á miña vida persoal, que necesito buscar na miña vida e na vida que me rodea? Que me impide saír a buscar o que máis necesito? Por que?
- Nesta Coresma, que aspectos da miña vida persoal creo que debería transfigurar, mover, converter, limpar, cambiar? Que busca Deus na miña vida?
Para a miña oración persoal:
Búscame, móveme, convérteme, Señor.Se o meu paso é errante, búscame, móveme, convérteme, Señor.
Se a miña fe é débil, móveme, feixe que busque, convérteme, Señor.
Se a miña mente é estéril, búscame, móveme, convérteme, Señor.
Se as miñas mans son rudas, búscame, móveme, convérteme, Señor.
Se os meus ollos son feroces, búscame, móveme, convérteme, Señor.
Se a miña lingua é cruel, búscame, móveme, convérteme, Señor.
Se a miña confianza en min mesmo e en Ti é débil,
búscame, móveme, convérteme, Señor.
Se a miña forza de vontade me mantén inerte,
fai que me levante, busque e me busque, Señor.
Búscame, móveme, convérteme, Señor,
e serei o que, realmente, son. Amén
Reconocer - 2 Cuar C
No hay comentarios:
Publicar un comentario